martes, 21 de febreiro de 2023

Entroido

O venres celebramos no colexio o entroido xunto coas nosas familias, a ANPA preparou unha merenda con produtos típicos destas festas.

Moitas grazas pola colaboración!

Este é un vídeo da nosa clase, lembrade que podedes ver todo o entroido no instagram do colexio.


domingo, 19 de febreiro de 2023

Ordes do Meco

Para iniciar o Entroido, do luns ao venres cumplimos as ordes do Meco como podedes ver.










sábado, 18 de febreiro de 2023

Protectora Os Biosbardos

O mércores tivemos unha visita moi especial, a da protectora de animais Os Biosbardos.

Como sabedes fixemos no colexio unha campaña de recolleita para axudar á protectora e a cambio levarades libros de expurgo da biblioteca.

A protectora deunos unha charla do seu traballo con cans e gatos abandonados ou feridos e faláronnos do cariño, repecto e coidado que temos que ter ás nosas mascotas e o que debemos facer se atopamos unha abandonada.

Cando remataron levaron todo o que as familias trouxeron para axudalas.

Tedes máis información na páxina da Bibliocrocaio.

Moitas grazas pola vosa colaboración!







domingo, 12 de febreiro de 2023

Poemas de 2º e 3º de primaria

O mércores viñeron alumnas e alumnos de 2º e 3º de primaria e recitáronnos unhas preciosas poesías.

Moitas grazas!






Semanas da froita

Estas últimas semanas fíxose o reparto da froita no colexio.

Cada aula do colexio fixo unha presentación dunha froita ás outras aulas e logo a repartiron.




O alumnado de infantil presentamos o plátano, fixemos un folleto cun código QR, ao que podedes acceder e ver a gravación que fixemos as nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos con máis información. Ata fixemos un batido de plátano na clase da profe Ángeles.



Escanea e escóitanos


Fomos polas clases coa información do plátano. 










Fixemos batido de plátano coa profe Ángeles.


E viñeron as outras aulas a falarnos da súa froita.



domingo, 5 de febreiro de 2023

Contos de 2º e 3º de primaria

Este mércores o alumnado de 2º e 3º de primaria viñeron na Hora de Ler para lernos estes marabillosos contos.







Reto 2 sobre o leite

Seguimos participando nos retos sobre o leite.

Este foi o segundo desta semana.






Día da Paz

Como xa vos comentamos no Escape Room para o Día da Paz además de chuches había unha peza dun puzle de Wangari.

O luns celebramos todo o colexio o Día da Paz. Primeiro montamos o puzle con todas as pezas de cada clase e así quedou. 



No mural da entrada fixemos unhas árboles coas mans de todo o colexio con pintura fosforita.




Así de bonito quedou.


Despois celebramos todo o colexio o Día da Paz cunhas lecturas sobre Wangari, logo vivimos un momento máxico, xa que cando estabamos a cantar a canción de Wangari apagáronse as luces, quedou todo a escuras e as mans das árbores que fixeramos ilumináronse.
Precioso!! Mirade!!








Por último fomos ao patio e entre todos e todas plantamos árbores. O alummado de infantil unha camelia.








Estas foron as nosas árbores da paz que plantamos con todo cariño.
Podedes ver o resto das clases e o que plantaron no Instagram do cole.