domingo, 28 de maio de 2023

Regamos na horta

Un día á semana regamos a horta do colexio. Cada aula rega un día.

Así temos a horta de bonita!!





Froita e leite

Estes días participamos no programa escolar de consumo de froitas e leite.

Degustamos plátano, nectarina, cereixas...





Os vermes de seda

Como lembraredes a finais de abril alumnas de 6º de primaria amosáronnos vermes de seda e que rápido comían as follas de moreira.

Esta semana puidemos ver como se convertiron en bolboretas, despois de tecer o capullo de seda onde estiveron uns días







domingo, 21 de maio de 2023

17 de maio Día das Letras Galegas

O 17 de maio celebrouse o Días das Letra Galegas que este ano adícase a Francisco Fernández del Riego.

Durante esta semana fixéronse distintas actividades que podedes ver no blog de dinamización da lingua, no portal da web do noso colexio.

Nós tamén puxemos o noso graniño de area pintando un pareado que elaboramos na clase. Despois os pareados de todas as clases se expuxeron na entrada do colexio.

Tamén aprendimos moito sobre Francisco Fernández del Riego cun genially moi divertido que creou a mestra Lidia de 4º de primaria, coordinadora do equipo de dinamización da lingua.


Os maios do cole

O luns celebramos os maios no colexio. O alumnado de infantil xuntámonos para poñer o fiuncho na parte baixa do maio e preparamos cadenetas de bambullos. 

Logo os maiores colocaron o fiuncho nas partes altas e fixeron máis cadenetas de fiunchos, de ovos e de laranxas.

Coa profe Patricia cantamos e tocamos os maios que preparamos coas titoras nas clases.

Quedou precioso!!

Abaixo podedes ver un vídeo de como o fixemos.






domingo, 14 de maio de 2023

Arcos de flores para os maios do luns

Como xa sabedes o luns celebramos os maios no colexio e nós quixemos colaborar facendo dous arcos de vimbios con flores para esta festa. Roberto, un veciño do camiño Roteas Abaixo, cerca da Avenida do Aeroporto, deunos uns vimbios cos que fixemos os arcos.

Moitas grazas!

Despois recortamos as flores, as follas, cortamos as tiras de cores e así de bonitos quedaron.

No vídeo podedes ver como fixemos os dous arcos de flores.





Roxana e David, nai e pai de Brais cóntannos "Érase una vez...Los idiomas latinos"

Esta semana tamén contamos coa visita do pai de Brais, David,  e a súa nai, Roxana, que nos viñeron a presentar un conto moi interesante feito por eles para todo o colexio. Tamén contaron coa axuda de Brais.

"Érase una vez... Los idiomas latinos"

Faláronnos, dunha maneira moi cercana e divertida, das linguas procedentes do latín, contáronnos como apareceron, relatáronnos a lenda de Rómulo e Remo... e todo con debuxos e láminas que nos proxectaron na pantalla da Bibliocrocaio.

Ao final Roxana, a nai de Brais, que naceu en Rumanía, traduciu ao francés e ao rumano palabras que o alumnado lle preguntaba.

Unha experiencia moi enriquecedora.

Moitas grazas Brais, David e Roxana!!






Marta, a nai de Teo de 4 anos, cóntanos "El pez Arcoiris"

Teo de 4 anos e a súa nai Marta viñeron a contar ás aulas de infantil:

El pez Arcoiris

Un conto que fala de compartir e, igual que no conto, Teo repartiu escamas do precioso peixe que fixo coa súa nai. E tiña sorpresa, detrás de cada escama había unha chocolatina.

Moitas grazas familia!!


Cumple e despedida de Derek

Esta semana celebramos o cumple de Derek, aínda que é no verán, xa que tivo que marchar a vivir moi lonxe de Vigo. E non queriamos deixalo sen a súa festa.

Ademais lle fixemos un pequeno libriño con fotos de todos e todas nós, cun debuxo e unha frase de cariño, para que non te olvides de nós.

Botarémoste en falla

Que sexas moi feliz!!

Te queremos!!


domingo, 7 de maio de 2023

Facendo maios no Museo Liste

O venres o alumnado de infantil e primeiro de primaria fomos ao Museo Liste.

Levamos das nosas casas fiúncho, pampullos, laranxas, ovos vacíos... e seguindo as instrucións das monitoras fixemos uns maios de papel e goma eva e despois, nunha base que tiñan preparada, un maio con todo o que levamos.

Quedounos precioso!!

Grazas familia pola vosa colaboración!!


Contacontos de Andrea, curmá de Joel

 A prima de Joel, Andrea, viu a contarnos

El ratoncito Pérez

Joel e Andrea contaron ao alumnado de infantil e os cursos baixos de primaria este clásico conto que nos encantou.

Moitas grazas!!




martes, 2 de maio de 2023

Contacontos de Susana, nai de Andrés e Mario. Día do Libro.

Seguindo coas actividades feitas en torno ao Día do Libro, viñeron varias familias do alumnado do noso colexio que quixeron deleitarnos cos seus contos. 

Unha delas foi Susana, a nai de Andrés e de Mario, que nos interpretou o conto:

A princesa do Caurel

Na intepretación ademais de Susana tamén participaron Andrés e Mario. Comentar que os personaxes que trouxeron os elaboraron en familia.

Encantounos, moitas grazas familia!









Día do Libro. Contacontos de primaria teatralizados.

Para celebrar o Día do Libro fixemos varias actividades, unha delas foron os contacontos que, en forma de teatro, preparou o alumnado de primaria e que vimos na nosa Bibliocrocaio.

Todos estupendos e moi divertidos, pasámolo en grande!!





luns, 1 de maio de 2023

Clasificamos alimentos

Dentro do programa Proxecta no que participa o noso colexio, e en relación con Aliméntate ben, a mestra Tania preparou para todo o colexio uns obradoiros para fomentar unha alimentación sa.

Traballamos cunha pirámide de alimentos onde tiñamos que colocalos e tamén fixemos con plastilina alimentos que puxemos nun plato clasificados.

Para rematar recibimos un pequeno agasallo.


Somos artistas como Hervé Tullet

No colexio fíxose unha instalación artística para pintar como Hervé Tullet:

PondArte

Hervé Tullet é un artista, ilustrador e escritor de literatura infantil.

Seguindo a liña dos seus talleres de pintura, a profe Patricia comentounos como crear con libertad seguindo os seus pasos. E cun fondo musical comezamos a crear e así de bonito quedou.

Participou todo o colexio, e se queredes ver a obra final podedes abrir o instagram do colexio, unha verdadera obra de arte.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do paso de infantil pola instalación artística.


domingo, 30 de abril de 2023

Vermes da seda

Alumnas de 6º de primaria amosáronnos os vermes da seda que teñen na súa aula e explicáronnos como se convertían en bolboretas. 

Para alimentalos danlles follas de moreira.







Así de rápido comeron a folliña que lles botaron. 





luns, 24 de abril de 2023

Cumple de Eire

 O mércores celebramos o cumple de Eire.

Parabéns Eire!!


Debuxando no novo panel interactivo

No colexio instalaron nas aulas uns paneis interactivos con moitas funcións.

Estivemos probando a debuxar e a escribir co dedo os nosos nomes.


domingo, 23 de abril de 2023

Somos médic@s

Na nosa clase temos unha pequena consulta médica na que temos instrumentos médicos de verdade. 

Así fixemos as nosas primeiras prácticas no campo da medicina.

Tod@s uns expert@s!!




domingo, 16 de abril de 2023

Despedímonos do espazo

Esta semana cerramos o noso pequeno proxecto sobre o espazo vendo como se forman os eclipses.

Tamén a partir de agora no momento de relaxación, que facemos despois do recreo, viaxaremos coa imaxinación entre as estrelas con esta lampariña tan especial.






Gladiolos e lentellas

Despois da semana de vacacións atopamos así de grandotes os gladiolos e as lentellas.



mércores, 5 de abril de 2023

Cumple de Valeria

 O venres celebramos o cumple de Valeria.

Parabéns Valeria!!


Easter Egg

Así celebramos coa mestra de inglés Marisol, Easter Egg. 

Tivemos que atopar os ovos que estaban agachados por todas partes. 

Pasámolo moi ben!!















Contos de 2º e 3º de primaria

Un mércores máis o alumnado de 2º e 3º de primaria viñeron a lernos unha chea de libros fantásticos.

Grazas chicas e chicos!!






Programa de radio de infantil

A semana pasada, despois de disfrutar da segunda sesión de Artistas do Pondal que podedes ver no blog da biblio,  transmitiuse no cole o programa de radio do alumnado de educación infantil de tres, catro e cinco anos.
Fomos á aula onde está a radio da biblio do noso colexio e alí gravamos o noso primeiro podcast sobre a Reconquista de Vigo, cun anuncio e un concurso moi simpático.
Podedes velo no seguinte enlace do blog da radio.




Sementamos lentellas

Dentro das tarefas de horta fixemos unha actividade moi orixinal, sementamos lentellas dentro dunhas piñas.







Un pouco de auga no fondo do recipiente...



E nuns días mirade como brotan...



Tamén están empezando a medrar os gladiolos que plantaramos.


domingo, 26 de marzo de 2023

Día da Poesía

O día 21 celebramos o Día da Poesía. No colexio fixéronse distintas actividades relacionadas con este día como podedes ver no blog da biblioteca. 

Nós recitamos unha pequeniña poesía agora que comezou a primavera.




Ti si que es un bo peixe

O martes fomos á actividade Ti si que es un bo peixe, explicáronnos as diferenzas de distintos peixes e mariscos, ensináronnos unha canción con baile e ao final fixemos un xogo no que tiñamos que pescar só os peixes iguais ao que tiñamos.