xoves, 29 de decembro de 2022

Fin de Ano no Pondal

Así foi o Fin de Ano no Pondal que celebramos todo o colexio o pasado xoves.

Primeiro visita de Papá Noel que nos deu un agasallo e falou con nós.



Despois coa mestra de música Patricia cantamos unhas preciosas panxoliñas.






Logo déronnos unhas bolsiñas con doce lacasitos para acompañar as badaladas de fin de ano.






Por último a ANPA repartiu un chocolate quentiño para todo o mundo.



E despois de xogar un pouco e saudar ás familias regresamos ás aulas para recoller todo. 
Aquí vos deixamos unhas fotos na entrada do noso colexio e coa árbore onde colgamos as manualidades feitas en familia.

Moitas grazas a todo o mundo pola vosa colaboración!!

Felices Festas e Feliz Aninovo!!





Vémonos en xaneiro Pitufines e Pitufinas!!

mércores, 28 de decembro de 2022

Cumple de Cloe

O pasado mércores tamén celebramos o cumple de Cloe. 

Parabéns Cloe!!


Andrés e Eire en Artistas do Pondal

O mércores 21 na Bibliocrocaio tivo lugar a actuación de "Os artistas do Pondal".

Andrés e Eire bailaron "No se habla de Bruno" e todos nós animámolos moito. Aquí tedes o baile. 

Podedes ver fotos das outras actuacións do colexio no blog da Bibliocrocaio, todas estiveron fantásticas.








Os esquíos

Relacionado co proxecto da Bibliocrocaio sobre as montañas, todas as aulas do colexio estamos a facer unha exposición sobre algún animal. 

Nós estivemos a investigar sobre os esquíos e gravamos un vídeo con parte da información. O luns da semana pasada as outras aulas viñeron á nosa clase para velo e tamén lles falamos dalgunha curiosidade máis sobre os esquíos.

Deixámosvos o vídeo que fixemos.


sábado, 17 de decembro de 2022

Visitounos Lois e Cristina, socios do Club Peña Trevinca

Onte visitou o noso colexio Lois e Cristina, dous socios do Club Peña Trevinca, faláronnos de moitos temas relacionados coa montaña e do equipamento que se levaba antes e do que se leva agora. 

Podedes visitar a páxina da Bibliocrocaio onde tedes máis información.







sábado, 10 de decembro de 2022

Visitamos o Museo do Mar

O venres fomos xunto a 1º, 2º e 3º de primaria ao Museo do Mar en Vigo. 

Vimos o acuario e faláronnos de moitos temas relacionados coa fauna mariña galega.

Despois tamén estivemos nunha sala interactiva na que puidemos tocar unha dentadura dun tiburón, unha esponxa...

Deixámosvos un vídeo resumo da visita.




domingo, 4 de decembro de 2022

Novembro, mes da ciencia en galego

Durante o mes de novembro todo o colexio preparou actividades relacionadas coa ciencia en galego. 

Nós, xunto co alumnado de 3 e 4 anos, e seguindo o proxecto da biblioteca, As cabuxas do Pondal en torno ás montañas, fixemos un experimento para simular un volcán en erupción.

O primeiro que fixemos foi amasar moita plastilina de distintas cores para obter unha masa escura e facer os volcáns, regalámoslle un a cada aula por se querían facelo outro día. 

Fixemos catro grupos para o experimento, cada un explicoulles a unha aula.




Brais, como estivera nas Illas Canarias, amosounos unha rocha volcánica.


Para facer o experimento precisamos:

- Colorante vermello


- Vinagre


- Xabón


- Remexemos


- E por último o bicarbonato sódico.

E xa temos o noso volcán en erupción!!


Por último, vos deixamos un vídeo cos experimentos que fomos ver ás outras aulas e o que fixemos nós.