Onte 23 de abril foi o Día do Libro e no noso colexio celebrámolo o venres xunto co resto do colexio.
Como aínda non podemos estar todas as clases xuntas, fixemos co mestre de música Cándido unha interpretación por clases dunha canción de María Helena Walsh e elaboramos un Kamishivai con láminas feitas por todo o alumnado. Quedou precioso.
Moitas grazas profe Cándido!
O venres vimos o resultado en todas as clases.
O voluntariado da Bibliocrocaio de 5º e 6º de primaria fixo as recomendacións lectoras e déronnos os trípticos que levamos para casa.
Tedes todo no blog da biblioteca na columna da dereita.