luns, 28 de marzo de 2022

Chegou a primavera. Sementamos pipas de xirasol

O luns quixemos celebrar o comezo da primavera sementando pipas de xirasol xunto co resto do colexio. O fixemos nuns recipientes pequenos e cando medren poderemos levalos para casa e plantalos en maceta grande ou nas vosas hortas.

Así o fixemos.

Benvida primavera!!


luns, 21 de marzo de 2022

As nosas constelacións

A semana pasada creamos as nosas propias constelacións con estrelas que recortamos e puxémoslle os nomes. Aquí tedes algunhas.  












domingo, 13 de marzo de 2022

O venres visitounos o autor de "Vaia cabuxiño"

Este venres recibimos a El Hematocrítico, autor de Vaia cabuxiño, libro recomendado no tríptico de Nadal pola Bibliocrocaio.

Antes de que viñera lemos na clase o libro na hora de ler e pareceunos moi divertido.

Miguel López, o seu verdadeiro nome, despois de falarnos do seu libro, asinounos o noso e tamén o libro de visitas da biblioteca.

Na Bibliocrocaio temos máis libros deste escritor como Feliz Feroz, Alcaldesa vermella...





8 de marzo Día da Muller

O martes 8 de marzo celebramos xunto co resto do colexio o Día da Muller. 

Na entrada había un buzón onde botamos unha postal de agradecemento a unha muller da nosa familia e que preparamos nas nosas casas.

Grazas pola vosa colaboración, unhas postais preciosas!










Un pequeno planetario

Martina trouxo un pequeno proxector de planetario e poidemos ver no teito da nosa clase diapositivas e constelacións.






Rematamos o noso foguete

Grazas á colaboración das familias, conseguimos unha caixa grande para elaborar o noso foguete. Cando o rematamos, e despois de coller o noso carné de astronauta, fixemos a nosa primeira viaxe cara a lúa.


xoves, 10 de marzo de 2022

Cumple Leyre

 O luns celebramos o cumple de Leyre.

Parabéns Leyre!


Fai clic ao teu bocata

Esta semana tivemos o obradoiro Fai clic ao teu bocata, programa creado pola Consellería do Mar co obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre os nenos e nenas da nosa comunidade e incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.






martes, 1 de marzo de 2022

Entroido 2022. Vestímonos de Grogu.

O venres celebramos o entroido xunto co resto do colexio. Nós fomos disfrazados de Grogu. Este é o vídeo da nosa clase, se queredes ver o entroido completo do noso colexio podedes velo na web na columna da dereita.






Ordes do Meco

 Luns





Martes


Mércores


Xoves


23 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

O mércores 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Entre todo o colexio fixemos un puzle de Rosalía, decorámolo con pensamentos e plantamos flores para acompañalo xunto cos seus libros. Abaixo vos deixamos un vídeo de como o fixemos.







Tamén aprendimos unha estrofa desta poesía de Rosalía de Castro. Pinchade no enlace.