Así foi o Fin de Ano no Pondal que celebramos todo o colexio o pasado xoves.
Primeiro visita de Papá Noel que nos deu un agasallo e falou con nós.
Despois coa mestra de música Patricia cantamos unhas preciosas panxoliñas.
Así foi o Fin de Ano no Pondal que celebramos todo o colexio o pasado xoves.
Primeiro visita de Papá Noel que nos deu un agasallo e falou con nós.
Despois coa mestra de música Patricia cantamos unhas preciosas panxoliñas.
O mércores 21 na Bibliocrocaio tivo lugar a actuación de "Os artistas do Pondal".
Andrés e Eire bailaron "No se habla de Bruno" e todos nós animámolos moito. Aquí tedes o baile.
Podedes ver fotos das outras actuacións do colexio no blog da Bibliocrocaio, todas estiveron fantásticas.
Relacionado co proxecto da Bibliocrocaio sobre as montañas, todas as aulas do colexio estamos a facer unha exposición sobre algún animal.
Nós estivemos a investigar sobre os esquíos e gravamos un vídeo con parte da información. O luns da semana pasada as outras aulas viñeron á nosa clase para velo e tamén lles falamos dalgunha curiosidade máis sobre os esquíos.
Deixámosvos o vídeo que fixemos.
Onte visitou o noso colexio Lois e Cristina, dous socios do Club Peña Trevinca, faláronnos de moitos temas relacionados coa montaña e do equipamento que se levaba antes e do que se leva agora.
Podedes visitar a páxina da Bibliocrocaio onde tedes máis información.
O venres fomos xunto a 1º, 2º e 3º de primaria ao Museo do Mar en Vigo.
Vimos o acuario e faláronnos de moitos temas relacionados coa fauna mariña galega.
Despois tamén estivemos nunha sala interactiva na que puidemos tocar unha dentadura dun tiburón, unha esponxa...
Deixámosvos un vídeo resumo da visita.
Durante o mes de novembro todo o colexio preparou actividades relacionadas coa ciencia en galego.
Nós, xunto co alumnado de 3 e 4 anos, e seguindo o proxecto da biblioteca, As cabuxas do Pondal en torno ás montañas, fixemos un experimento para simular un volcán en erupción.
O primeiro que fixemos foi amasar moita plastilina de distintas cores para obter unha masa escura e facer os volcáns, regalámoslle un a cada aula por se querían facelo outro día.
Fixemos catro grupos para o experimento, cada un explicoulles a unha aula.
E xa temos o noso volcán en erupción!!
O 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, participamos con todo o colexio nunha bonita actividade, na que expresamos a nosa repulsa contra calquer tipo de violencia, cortando cunhas tesoiras na entrada do colexio cintas que contiñan esa palabra.
Na clase falamos que neste día o que queriamos era rechazar calquer tipo de violencia e pensar en querernos, abrazarnos, e tratar a todo o mundo por igual e con moito cariño.
Xunto coa aula de 3 e 4 anos tamén fixemos unhas pulseras cun texto moi bonito.
O mércores visitounos Sechu López, socio do Club de Montañeiros Celtas de Vigo.
Contounos as súas experiencias nas expedicións, os picos de máis de 8000 metros que escalou, os riscos que pasaron, as súas emocións, as marabillosas paisaxes...
Grazas Sechu por ensinarnos tantas cousas!!
Tedes máis información no blog da Bibliocrocaio.
Marta, a auxiliar de conversa que acompaña á mestra de inglés Marisol, contounos un conto de Acción de Gracias (Thanksgiving Day).
Thank you Marta!!
O xoves veu visitarnos Nacho, guía de montaña de Vigo, como actividade relacionada co proxecto da biblioteca do centro Cabuxas do Pondal.
Aquí vos deixamos algunha foto, pero podedes ver a actividade completa no blog da Bibliocrocaio que tedes na columna da dereita. Este é o enlace á entrada:
https://crocaiodesampaio.blogspot.com/2022/11/charla-de-nacho-guia-de-montana.html
Esta semana estivemos preparando o magosto que se celebrou o venres.
Na clase fixemos uns simpáticos caracois con castañas, decoramos o castiñeiro e fixemos unhas cestiñas para levar as castañas asadas o venres.
Esta semana celebramos o Samaín con moitas actividades. Deixamos aquí un resumo do que fixemos e un vídeo final da festa do venres. Tamén podedes ver os vídeos tan fantásticos que prepararon algunhas familias e os premios na web do colexio.
Grazas familias pola vosa colaboración!!
Na clase elaboramos morcegos e fantasmas e das nosas casas trouxemos cabazas e adornos terroríficos.
Este é o vídeo da festa do venres.