sábado, 25 de decembro de 2021

Bo Nadal

Queremos agradecer ás familias a súa colaboración para a elaboración das bólas de Nadal en forma de planeta real ou imaxinario. Así de bonitas quedaron!

Moitas grazas familias!!



E así quedou a entrada do cole.



O día 21 Papá Noel como non puido entrar no cole, deixounos unha bolsiña para cada un de nós.
Grazas Papá Noel!!


E así rematamos o trimestre, dexesándovos unhas moi Felices Festas. 


venres, 24 de decembro de 2021

Así fixemos o noso Sistema Solar

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo de como fixemos o noso Sistema Solar. E darvos as grazas por ir traendo xa algunhas cousiñas relacionadas co tema.

Non hai planeta que se nos resista!!


Entramos nun planetario

Esta semana entramos nun planetario móvil que estaba no ximnasio. Foi unha actividade para todo o colexio relacionada co proxecto deste curso da Bibliocrocaio, Con-ciencia e ficción, e centrado no Universo.

A través dunha proxección puidemos realizar unha viaxe polo espacio e ver a Vía Láctea, o Sistema Solar  e achegámonos ata a Lúa.

Quedamos marabillad@s!!





xoves, 23 de decembro de 2021

Prehistoria

Este mes rematamos un pequeno proxecto sobre a Prehistoria e para despedilo vestímonos de homes e mulleres prehistóricos e ata fixemos un pequeno utensilio.


sábado, 11 de decembro de 2021

Volcán ou arco da vella?

Como Teo non puido ver en funcionamento o volcán pequeno nen o grande, e colaborara na súa construción, seus compis quixeron repetilo o venres co pequeno, pero esta vez a cousa rematou nun sinfín de sorrisos xa que propuxeron probar a botarlles colorante amarelo e azul... E pediron que o puxeramos no blog, así que aquí tedes un resumo.


domingo, 5 de decembro de 2021

Novembro mes da ciencia. O noso volcán.

Este ano o proxecto da Bibliocrocaio chámase 

Con-ciencia e ficción            

Xira en torno ao Universo e nós estas semanas estivemos traballando o Sistema Solar. Comezamos co noso planeta Terra e centrámonos nos volcáns. Tamén vimos que era un eclipse luar.

Deixámosvos un vídeo de como fixemos o noso volcán e unhas imaxes do eclipse luar.






Micah, o noso auxiliar de conversa.

 A profe Marisol ven acompañada á nosa clase de Micah, o auxiliar de conversa de inglés. Moitas veces nárranos un conto, como este libro tan bonito.

A taste of the Moon (A qué sabe a Lúa)




25 de novembro Thanksgiving Day

O 25 de novembro celebramos coa profe de inglés Marisol o Thanksgiving Day, Día de Acción de Gracias e escoitamos o conto Turkey Trouble.