domingo, 31 de outubro de 2021

Samaín e magosto

O venres celebramos o Samaín e o magosto. Grazas ás familias fixemos unha exposición de cabazas, xunto co resto do alumnado do colexio. 

Pasamos polo túnel do medo, comimos castañas e merendas terroríficas, xogamos, vimos a película Coco e fixemos manualidades que daban medo.

Abaixo tedes un vídeo da nosa clase, tamén podedes ver o de todo o colexio na web e algúns libros de medo no blog da Bibliocrocaio. Pinchade os enlaces da columna.

Boa finde!





domingo, 24 de outubro de 2021

Inauguración Bibliocrocaio 2021-22

Este venres 22 celebramos a inauguración da nosa Bibliocrocaio deste curso.

Crocaio, a mascota da nosa biblioteca, deunos os carnés, as guías de usuario, as carpetas, a mochila viaxeira e un agasallo.

Grazas Crocaio!!

O próximo venres comezaremos o préstamo de libros da Bibliocrocaio, para que volos lean nas vosas casas. Lembrade devolvelo na mesma carpeta antes do seguinte venres para poder levar outro.

E, como xa sabedes, podedes consultar todo o relacionado coa nosa Bibliocrocaio no enlace que tedes na columna da dereita deste blog.







Grazas familias

Fai uns días o EDLG (equipo de dinamización da lingua galega) do noso colexio, propuso unha actividade para as familias, deseñar un foguete con material de refugallo. 

Así de orixinales quedaron, grazas de novo pola vosa colaboración.









5, 4, 3, 2, 1, 0 .......... DESPEGAMOS!!


sábado, 2 de outubro de 2021

Xa chegou o outono

Así recibimos o outono na nosa clase. 

Grazas a todas as nosas familias, que tan ben colaboraron xunto con nós, temos na clase unha pequena exposición de froitos, follas e outros elementos do outono. 

Tamén decoramos a nosa árbore con folliñas, castañas, landras... E agora imos facer una pequeno proxecto do outono partindo do que trouxemos.

Cándido, o noso profe de música, tamén deixounos un xirasol xigante e quitamos algunhas pipas, outra aportación para o noso proxecto.

Moitas grazas familias!!

Moitas grazas Cándido!!