venres, 25 de xuño de 2021

Excursión fin de curso

Na excursión fin de curso fomos en autobús a Castrelos. Paseamos pola Finca da Marquesa e, despois de merendar, disfrutamos do parque coa tirolina e moitas máis cousas.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo da saída.

Que disfrutedes do verán Pitufines!!

Ata a volta!!





xoves, 24 de xuño de 2021

Cumple de Erik e Naira

Erik e Naira cumplen anos no verán e como non van quedar sen celebralo no colexio, fixemos unha pequena festa este luns.

Parabéns Erik e Naira!!


sábado, 5 de xuño de 2021

5 de xuño Día do Medio Ambiente

Hoxe día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, e onte quixemos lembrar este día facendo labores na horta. Regamos os bancais e fixemos na clase o noso propio bosque. 

Pero non debemos olvidar que o coidado no noso planeta non é labor dun día, todos os días debemos facelo e unha das formas é reciclando tanto no colexio como nas nosas casas. 

Tedes máis información no blog da biblioteca.






xoves, 3 de xuño de 2021

Contacontos da Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas

Este luns Mar, contacontos da Biblioteca Municipal Neira Vilas, visitounos e deleitounos cuns libros baseados nos Villanos dos contos, como a bruxa, o ogro e o lobo.









Moitas grazas Mar!