sábado, 29 de maio de 2021

"Ti si que es un bo peixe"

Este venres tivemos o obradoiro "Ti si que es un bo peixe" dentro do programa Alimenta-t Ben do Plan Proxecta no que participa o noso colexio.

Uxía, científica, e Roque, peixeiro, amosáronnos moitos peixes e mariscos, falándonos das súas propiedades alimenticias, como e onde se crían, onde se capturan... e máis información moi interesante. 

Sabiades que as ostras teñen moitísimos ollos?

E que o linguado cando nace ten un ollo de cada lado e de maior xúntanse no mesmo lado?

Aprendimos o que nos pode aportar o peixe e o marisco á nosa dieta

E pechamos a actividade cun baile.

Moitas grazas Roque e Uxía!


"Até as princesas soltan peidos"

Estes días estivemos a traballar co libro que nos trouxo Papá Noel ao colexio no Nadal, Até as princesas soltan peidos, do escritor Ilan Brenman.



O pai de Laura, protagonista deste conto, abriu o libro secreto das princesas e contoulle a súa filla algo que ninguén sabía... 

Ilan Brenman:





Lemos o libro coa profe, falamos sobre el e fixemos un pequeno traballo.



Máis froita

Esta semana seguimos co reparto de froita, estas son outras das froitas que tomamos.







luns, 24 de maio de 2021

sábado, 15 de maio de 2021

Semana das Letras Galegas

O próximo luns celébrase o Día das Letras Galegas, este ano adicado á escritora, tradutora e poeta Xela Arias.

Dende o equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) propúxose a elaboración de cómics, empregando unha aplicación, con fotos do alumnado e nas viñetas escribir versos dun poema do libro Darío a diario de Xela Arias. 

Este libro de poemas foi escrito por Xela cando tivo ao seu fillo Darío. No blog da Bibliocrocaio tedes máis información. Deixámosvos os elaborados na nosa clase, pero podedes ver no da biblioteca todos os do colexio.






A continuación tedes o recitado que fixemos do anterior poema de Darío a diario.

O noso globo aerostático

Como sabedes o proxecto deste ano do colexio xira en torno aos inventos. 

Neste momento estamos a investigar sobre o globo aeróstatico. Aínda que tiñamos un na clase, quixemos facer un nós para decorar a porta da aula. 

Así de bonito quedou!!

Agora seguiremos investigando sobre quen o inventou e máis datos, e para iso queremos convidar ás familias a que axudedes aos vosos fillos e fillas a buscar información, fotos, debuxos ou o que se vos ocurra relacionado co globo aerostático.






Fomos ver como nacían os pitiños de 6º primaria

Na aula de 6º de primaria tiveron unha nacedora, unha incubadora e un ovoscopio, uns inventos estupendos para dar vida aos pitiños. Claro está, con todos os coidados que recibiron e todo o traballo realizado durante moitos días por parte do alumnado de 6º e das titoras Ana e Ángeles que viron nas fins de semana. 

Naceron catro pitiños: Pinga, Dobi, Neve e Ce. 

Tedes máis información neste enlace no blog da Bibliocrocaio.

http://crocaiodesampaio.blogspot.com/2021/05/6-de-primaria-incubando-ovos.html

Subimos a ver o proceso varios días, cando a súa aula estaba libre, aquí vos deixamos un vídeo da visita.

Grazas ao alumnado de 6º e as mestras por deixarnos disfrutar deses momentos!!


domingo, 9 de maio de 2021

Tarefas de campo

Como supoño que xa vistes no blog da Bibliocrocaio, no colexio hai unha pequena exposición de maquinaria agrícola antiga, seguindo o proxecto deste ano sobre os inventos.  

Este venres empregamos a maquinaria e trituramos verzas, debullamos millo e moemos no muíño manual da exposición. 

Deixamos unhas montaxes que fixo a profe de inglés Marisol e un vídeo coas fotos. 










domingo, 2 de maio de 2021

Felicidades André e Clara

Este luns celebramos o cumple de André e Clara xa que coincidiran na fin de semana.

Felicidades André!

Felicidades Clara!