domingo, 14 de marzo de 2021

Semana da Prensa


Esta semana celebramos a Semana da Prensa.
O alumnado de educación infantil fixémoslle unha entrevista a Rosa, quiosquera de Vigo durante 40 anos. Como non pode ser presencial, preguntámoslle dende a nosa clase e ela respondeu ás presguntas que lle enviamos dende a súa casa. 


Moitas grazas Rosa 
poa túa amabilidade e colaboración!




8 de marzo. Día Internacional da Muller.

O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller e co resto do colexio fixemos un mural con mans de mulleres das nosas familias e así de bonito quedou.



Este é o vídeo coas mans de todas as familias.

Moitas grazas familias pola vosa colaboración!
Unhas fotos preciosas!



Tamén limos o libro titulado "Cuando las niñas viajan alto"



sábado, 6 de marzo de 2021

A que sabe a Lúa? e Monstruo Rosa

Debido á situación sanitaria, este curso o voluntariado da Bibliocrocaio de 5º e 6º de primaria non pode vir ás nosas aulas a contarnos de forma presencial os contos como en anos anteriores. Pero si que o fan de maneira virtual.

O voluntariado grava o conto e nós mirámolo na pantalla da aula. Queremos compartir dous deles para que o miredes cando queriades.


A que sabe a Lúa?

Contado por María e Yanira



Monstruo rosa

Contado por Eduardo e Luis



Moitas grazas!!