domingo, 28 de febreiro de 2021

24 de febreiro Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. 

Xunto co resto do colexio recitamos distintos poemas de escritores galegos inspirados en estrofas dos Cantares gallegos de Rosalía. 




Os alumn@s de 6º de primaria déronnos uns carnés de Rosalía de Castro que elaboraron co lema "Eu coñezo ou recito a Rosalía de Castro"



venres, 19 de febreiro de 2021

mércores, 17 de febreiro de 2021

Venres de Entroido

O venres celebramos o Entroido e, como non podemos xuntarnos coas outras aulas, pola situación sanitaria, fixemos un desfile clase por clase no patio e as demais aulas os seguiamos por webex na pantalla da clase.

Grazas ás familias que axudar @s pequen@s na elabaración dos disfraces.





















Leimos un libro de poemas do Entroido.




Fixemos antifaces e caretas.


Desfilamos



Por la pantalla de clase vimos ás outras aulas por webex




Aquí vos deixamos o vídeo do Entroido do colexio.

Mandados do Meco

A semana pasada celebramos o Entroido. Para comezar seguimos os mandados do Meco. Así de ben o fixemos.




Luns: colar de flores


Martes: televisor no pé


Mércores: bombilla na cabeza


Xoves: muíño na man


luns, 15 de febreiro de 2021

11 de febreiro. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Esta data estableceuna a ONU para recoñecer o rol que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía, e así ter unha participación equitativa na ciencia e lograr a igualdade de xénero.

Para celebralo lemos e falamos sobre o libro "Las chicas pueden con todo".





domingo, 7 de febreiro de 2021

sábado, 6 de febreiro de 2021