O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro.
Xunto co resto do colexio recitamos distintos poemas de escritores galegos inspirados en estrofas dos Cantares gallegos de Rosalía.
O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro.
Xunto co resto do colexio recitamos distintos poemas de escritores galegos inspirados en estrofas dos Cantares gallegos de Rosalía.
O venres celebramos o Entroido e, como non podemos xuntarnos coas outras aulas, pola situación sanitaria, fixemos un desfile clase por clase no patio e as demais aulas os seguiamos por webex na pantalla da clase.
Grazas ás familias que axudar @s pequen@s na elabaración dos disfraces.
A semana pasada celebramos o Entroido. Para comezar seguimos os mandados do Meco. Así de ben o fixemos.
O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Esta data estableceuna a ONU para recoñecer o rol que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía, e así ter unha participación equitativa na ciencia e lograr a igualdade de xénero.
Para celebralo lemos e falamos sobre o libro "Las chicas pueden con todo".
O venres celebramos o Día da Paz, xa que o día 30 foi sábado.
Como o proxecto do colexio deste ano son os inventos, fixemos uns cataventos pequenos para que o vento leve os nosos desexos de paz para todo o mundo.
Despois do recreo celebrámolo con todo o colexio de forma virtual, a través dunha reunión por Webex.
Abaixo vos deixamos o vídeo do colexio.
En 4 anos traballamos un proxecto sobre os castelos e metímonos de cheo neles. Así de guapos e guapas quedamos.
Este mes de xaneiro estivemos a traballar un pequeno proxecto en 5 anos sobre a Prehistoria. E para meternos no papel desa época buscamos no patio paus, pedras afiadas e herbas para facer as nosas primeiras machadas. E para parecer máis real vestímonos de prehistóricos.
Esta semana, ademais da segunda semana da leite, comezamos coa primeira semana de froita seguindo o programa escolar de consumo de leite, hortalizas e froitas. Repartiron uvas, peras, plátanos...
O noso colexio, como outros anos, participa no programa escolar de consumo de froitas e leite, subvencionado pola Consellería de Medio Rural e polo Fogga (fondo galego de garantía agraria).
Esta semana repartimos brick de leite na hora da merenda.