domingo, 31 de maio de 2020

Fotos da semana

Bo día Pitufines.
Que tal a última semana de maio? Moito calor, non? Estas son as fotos que mandastes esta semana.
Bicos.

venres, 29 de maio de 2020

Actividades venres 29 de maio

Bo día a tod@s.
Estas son as actividades para rematar o mes. O domingo subo as vosas fotos.

1. Conto: El cazo de Lorenzo



2. Receita: pinchos de froitas. Non sei se alguén probou a facer os barquiños de ovo de fai dúas semanas. Hoxe vos deixo esta receita para estes días de calor. Troceade froitas variadas e ídeas colocando nun pincho. Animádeos!


3. Do libro 5 facede esta páxina, explicación por detrás, pegade as pegatinas F20 del final del libro sobre as boliñas azuis.


Do libro Pienso, calculo, razono facedes esta, colorear según código, círculos con puntiños azuis, triángulos puntiños vermellos e cadrados puntiños verdes.


4. Psicomotricidade: poñede unha páxina de periódico no chan, colocádevos de pé enriba dela e, sen usar as mans, rompela cos pés no maior número de anacos posible. Pasádeo ben.

Ata o domingo familia.

xoves, 28 de maio de 2020

Actividades xoves 28 de maio

Bo día familia. Que tal tod@s?
Actividades para hoxe:

1. Conto: El pollo Pepe



2. Manualidade: da bolsa collede esta ficha e estes adhesivos. Decorar as follas pegando os adhesivos de cadrados verdes. Pegar unha boliña de plastilina ou papel no centro da flor. Desprender as siluetas e empregalas para adornar o que queirades.


3. Do libro 5 facer estas páxinas. Explicación por detrás. Na segunda tedes que usar as pegatinas F19 da última folla do libro e pegalos nas boliñas azuis.



4. Inglés: I'm thirsty! Are you hungry?




Páxina 22. 

Trace the food and drink (traza a comida e a bebida). Sinala a Archie e di I’m hungry (teño fame), I'm thirsty (teño sede). Polo reverso da páxina 22 atopa e rodea a comida para Archie, que ten fame.

Ata mañá Pitufines.


mércores, 27 de maio de 2020

Actividades mércores 27 de maio

Bo día Pitufines.
Hoxe vos propoño estas actividades.

1. Conto: Todos bostezan



2. Manualidade: da bolsiña de manualidades practicade a recortar coas tesoiras esta ficha polos puntiños.


3. Do libro 5 facede esta páxina, usade as pegatinas debuxadas por detrás e que están ao final do libro.


Do libro Pienso, calculo, razono facede esta.


4. Psicomotricidade: se tedes dous pratos de cartón ou plástico, pegádelle uns paliños e cun globo xogade ao tenis.


Ata mañá familia.




martes, 26 de maio de 2020

Actividades martes 26 de maio

Bo día a tod@s.
Aquí vos deixo as actividades para hoxe.

1. Conto: "O galo Quirico"



2. Manualidade: seguindo o proxecto do libro "Un huerto en en jardín", collede desta vez a metade dun limón e estampádeo nun folio para facer outra obra de arte.

3. Do libro 5 facer estas dúas páxinas, explicación por detrás.



4. Inglés: "I'm a Litle Teapot"






Páxina 21.
Circle the picture that is the same (Rodea a que é igual)

Ata mañá familia.





luns, 25 de maio de 2020

Actividades luns 25 de maio

Bo día familia.
Comezamos a última semana de maio retomando o tema da Bibliocrocaio sobre o mar, con estas actividades:

1. Conto: " Don Caballito de Mar"



2. Manualidade: cangrexos simpáticos. Que vos debuxen un círculo grande para o corpo e catro pequenos para as patas. Recortade os cinco círculos coas tesoiras ou picalos co punzón. Despois dobládeos con axuda pola metade e pegalos nun folio como na foto.


3. Do libro 5 facede esta páxina, explicación por detrás.


Do libro "Pienso, calculo, razono" esta, explicación abaixo.


4. Psicomotricidade: facede o que vos din estes amiguiños.


Ata mañá Pitufines.


domingo, 24 de maio de 2020

Fotos e vídeos da semana

Bo domingo Pitufines.
Aquí vos deixo as fotos da semana e dous vídeos; un de Erik amosándonos algúns dos seus traballos e outro moi especial de Martina que, con todo o cariño do mundo, quere saudarnos. Eu tamén vos boto moito de menos. 
Bicos para tod@s.







venres, 22 de maio de 2020

Actividades venres 22 de maio

Bo día Pitufines.
Lembrade que o domingo subo as vosas fotos da semana para que vos miredes e estedes un pouco en contacto. 
Actividades para hoxe:

1. Conto: "La oveja que incubó un huevo"



2. Manualidade: con tapóns podedes facer un verme como este, podedes pintar un de cada cor.


3. Do libro 5 facede esta páxina. Collede o punzón e a almohadilla e facer o que se indica por detrás. 


Do libro "Pienso, calculo, razono" facedes esta. Pegade os adhesivos, que se indican abaixo, nas boliñas azuis. Recordade que as pegatinas deste libro son as que estaban soltas.


4. Psicomotricidade: xogade con estes simpáticos mouchos.


Ata o domingo. 
Biquiños.


xoves, 21 de maio de 2020

Actividades xoves 21 de maio

Bo día familia.
Hoxe vos propoño estas actividades.

1. Conto: "Topito terremoto"



2. Manualidade: títeres de dedos. Que vos debuxen dúas froitas do tamaño da vosa man (se pode ser sobre cartón) e colorealas, despois facedes dous circuliños abaixo e os picades co punzón para meter dous dediños por eles, como se foran as pernas.


3. Do libro 5 facede estas páxinas. Tedes a explicación por detrás e un debuxo pequeno coas pegatinas que tedes que coller da última páxina.



4. Inglés: libro páxina 20. Colorea o sándwich. Une o sándwich con Archie (the giraffe).

Ata mañá Pitufines.




mércores, 20 de maio de 2020

Actividades mércores 20 de maio

Bo día Pitufines.
Supoño que estaredes disfrutando destes días de sol para pasear e saír un pouco, tede coidadiño.
Actividades de hoxe:
1. Conto: "El pollo Pepe se va de paseo"



2. Manualidade: como estamos traballando no libro o proxecto "Un huerto en el jardín", propóñovos coller unha metade dunha mazá pequena e estampala nun folio para facer unha obra de arte. 


3. Do libro 5 facede esta páxina. Usar as pegatinas F10 da última páxina. Tedes por detrás o que hai que facer.


Do libro "Pienso, calculo, razono" facede esta. Podedes colorear ou decorar, pero da cor que marca, cadrados vermellos e círculos verdes.


4. Psicomotricidade: traballamos a atención cumplindo estas ordes.


Ata mañá familia.

martes, 19 de maio de 2020

Actividades martes 19 de maio

Bo día a tod@s.
Que tal de fin de semana? Comezamos esta semana con estas actividades. 

1. Conto: "El viaje de Nora". Seguindo co proxecto da biblio sobre o mar déixovos este bonito conto.



2. Manualidade: animádevos con axuda dun maior a facer esta simpática balea. Outra vez imos recurrir á caixa de ovos. Pintádea e despois que vos debuxen a cola e as aletas e o picades co punzón. Na cabeza podedes pór un anaco de la.


3. Del libro 5 hacer estas dos páxinas, recordade que tedes o gomet vermello na última páxina do libro.



4. Inglés. 
What food do you see?, que comida ves?
Sandwiches-bocadillos, bread-pan, apple pie-tarta de mazá, apples-mazás, milkshake-batido, milk-leite, cake-bizcoito, eggs-ovos

Listen to the next song. Escoita a seguinte canción.
What food do you understand? Que nomes de comida consegues escoitar e entender?

Pulsa aquí Despois selecciona Unit 7 Food song

Ata mañá familia.




domingo, 17 de maio de 2020

Sorpresa de 5º e 6º e fotos da semana.

Bo día Pitufines.
Hoxe día 17 de maio é o Día das Letras Galegas, e este ano como xa sabedes o autor homenaxeado é Ricardo Carbalho Calero. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria fixeron unha montaxe para contarvos unha adaptación do conto deste escritor "As pitas baixo a choiva" do cal fixestes actividades esta semana.
Moitas grazas a tod@s! Bo traballo !



E aquí vos deixamos as vosas fotos desta semana, podedes mandar tamén fotos xogando ou facendo outras actividades.
Vémonos o martes, xa que o luns é día non lectivo no noso colexio. 
Bicos.

sábado, 16 de maio de 2020

Cambio para mañá

Bo día familia
Ao final a sorpresiña dos maiores quedará para mañá coas vosas fotos por problemas técnicos.
Bicos. 

venres, 15 de maio de 2020

Actividades venres 15 de maio

Bo día Pitufines.
Este domingo 17 de maio celébrase o día propio das Letras Galegas, polo que prestade atención xa que mañá sábado @s alumn@s de 5º e 6ª de primaria vannos dar unha sorpresiña. 
Como agora estou recibindo fotos coas vosas tarefas dos libros, vou facer un cambio na montaxe do domingo. Xa que o vídeo é para que vos vexades e estedes un pouco en contacto, vou publicar só as fotos nas que aparecedes facendo as actividades e as demais as archivo aparte. Claro está que eu vexo todas para comprobar o que facedes. 
Estas son as propostas para hoxe.
1. Conto:" O cascabel da gata"



Aquí vos deixo unha das galiñas de Ricardo Carbalho, sodes capaces de atopar as tres diferenzas.


2. Receita: barquiños de ovo. Propóñovos hoxe facer esta sencilla receita. Precisades ovos cocidos partidos a metade. Mesturades a xema dos ovos con atún e maionesa (ou tomate). Despois recheades os ovos e poñedes como vela unha pataca frita ou similar.


3. Do libro 5 facedes esta páxina, explicación por detrás. 


Do libro "Pienso, calculo, razono" esta páxina, abaixo pon o que tedes que facer.


4. Psicomotricidade: a mímica. Imos aprender profesións con mímica. Tedes que imitar unha profesión e que adiviñen cal é, despois que imiten eles e vós a adiviñar (mestra, conductor, bombeira, policía...)

Ata mañá familia.



xoves, 14 de maio de 2020

Saúdo d@s profes do cole.

Boa tarde a tod@s
Aínda que estamos separad@s, @s profes do colexio fixemos este saúdo para tod@s vós. E como estamos na Semana das Letras Galegas, fixémolo con frases típicas galegas.
Esperamos veros o antes posible.
Bicos.

Actividades xoves 14 de maio

Bo día familia.
Hoxe tedes estas actividades:

1. Conto: "A vaca que puxo un ovo" 



Outra actividade relacionada co conto de Ricardo Carvalho "As pitas baixo a choiva", que vos escriban a palabra galiña e vós repasade as vogais. 


2. Manualidade: imos facer unha vaquiña. Colledes a metade dun rollo de papel hixiénico e pintádelle manchas negras, despois con axuda facédelle os ollos e o fociño.


3. Do libro 5 facedes estas dúas páxinas, tedes por detrás a explicación, e as pegatinas para a segunda folla ao final do libro.



4. Inglés:  despois de ver o vídeo pór as pegatinas de comida da páxina 19 e completar o mantel.
Bread=pan
Cheese=queso
Ham=jamón
Water=agua
Song: canción de comidas.


Ata mañá Pitufines.

mércores, 13 de maio de 2020

Actividades mércores 13 de maio

Bo día.
Que tal tod@s?
Estas son as actividades para hoxe:

1. Conto: "A que sabe a Lúa?"



2. Manualidade: seguindo con Ricardo Carvalho e o seu conto "As pitas baixo a choiva",  ides a decorar un par de ovos empregando os materiais que prefirades, papeliños pegados, témpera, ceras...


3. Alto-baixo. Facer esta ficha do libro 5. Recordade que as pegatinas que tedes que pegar son as que vedes na explicación que hai na parte de atrás da folla. As pegatinas deste libro están na última folla.


Do libro "Pienso, calculo, razona" facedes esta páxina, abaixo pon o que tedes que facer. 


4. Psicomotricidade: hoxe imos xogar ás agachadas (escondite), que vos escondan un obxecto e vós tedes que atopalo, se vos achegades a el que vos digan "quente" e se estades lonxe que vos digan "frío".

Ata mañá Pitufines.




martes, 12 de maio de 2020

Actividades martes 12 de maio

Bo día Pitufines.
Hoxe imos comezar con algunha actividade dos vosos libros. 
As actividades de psicomotricidade vounas pór os luns, mércores e xoves, pero se vos apetece facelas os outros dous días, sempre podedes repetir algunha que vos gustara. Pero recordade que a mellor actividade de psicomotricidade, agora que xa podedes saír, é pasear, correr, brincar, andar en bici, patinete, xogar e pasalo moi ben. Os martes e xoves como sempre inglés, que tamén tedes o libro da profe Marisol.
Como estamos na Semana das Letras Galegas déixovos outro conto en galego e un texto que quero que vos lean sobre un libro de Ricardo Carvalho, que se titula "As pitas baixo a choiva".

1. Conto: "Grúfalo"




2. Manualidade: como a Ricardo Carvalho, cando era pequeno, gustábanlle moito as galiñas, ides facer un pequeno polo con dous anacos dunha caixa de ovos. Despois pintádelle uns ollos e se vos animades, podedes porlle un pico cun anaco de cartolina ou goma eva. Antes colorealo de amarelo.


3. Do libro 5, Un huerto en el jardín, mirades a primeira folla e despois facedes estas dúas páxinas. Por detrás tedes as explicacións do que facer e que pegatinas usar en caso necesario (hai que pegalas onde están as boliñas azuis). Na segunda se non tedes papel transparente non lle poñades nada.




4. Inglés: despois de ver o vídeo, ir a páxina 17 do libro, ver que cuarto está ordenado (tidy) ou desordenado (messy). Atopar 4 diferenzas. Voltear a páxina e marcar tick v(si) ou cross x (no) se aparece o coche, tambor, pelota ou cera no debuxo.


Ata mañá familia.

luns, 11 de maio de 2020

Actividades luns 11 de maio

Bo día familia.
Esta semana celébrase a Semana das Letras Galegas. Iremos facendo algo, ao longo destes días, relacionado co escritor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano, Ricardo Carvalho Calero.
Actividades para hoxe:

1. Conto: "A casa da mosca chosca", facede un debuxo se queredes despois.



2. Manualidade: facemos unha tarta. Que vos debuxen catro rectángulos de distinto tamaño en papeis de reciclado, que non vos sirvan, e intentade recortalos amodiño. Despois os pegades nun folio comezando por abaixo co máis grande. 


3. Lecto-escritura: repasa as vogais de Ricardo Carvalho. Non fai falta que o coloreedes, que vos copien só as letras.


4. Psicomotricidade: esquema corporal. Tocade a parte do corpo que vos digan, se xa sabedes as principais pasar as pequenas como cellas, xeonllo, pestañas...

Ata mañá Pitufines.