venres, 27 de decembro de 2019

As festas do Nadal

Así rematamos o trimestre, con festa de Nadal ao grande. O concerto de Nadal co profe Cándido na AAVV de Sampaio, a visita de Papá Noel e a merendola.
Grazas ás familias pola vosa colaboración e Felices Festas.


martes, 17 de decembro de 2019

Barquiños de Nadal

Como o proxecto da Bibliocrocaio deste curso trata sobre o mar "Mergúllate nun mar de contos", pediuse ás familias a colaboración para facer un barquiño navideño. Estes son os resultados, todos preciosos.
Moitas grazas familia!!
Abaixo vos deixamos o vídeo do cole con todos os que trouxeron.










sábado, 14 de decembro de 2019

sábado, 7 de decembro de 2019

De viaxe por Xapón

Aquí vos deixamos unhas simpáticas fotos na nosa ruta por Xapón, pequeno proxecto co que estamos a traballar.
Sayoonara familia!!


6 de decembro, día da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia

Para conmemorar este día decoramos o libro da Constitución.






Teatro de sombras

O profe de música Cándido, xunto con nen@s de primaria, representounos na biblioteca un teatro de sombras precioso. 





Visítanos o contacontos Iago López

Esta semana estivo connosco Iago López e tróuxonos "Contos para levar ao peto".



domingo, 1 de decembro de 2019

Inauguración da nova Bibliocrocaio

Como xa sabedes a biblioteca do noso colexio, Bibliocrocaio, estaba en reformas. Por fin este venres fixemos a inauguración da mesma, coa presenza do noso alcalde Abel Caballero e o concelleiro de cultura Abel Losada. 
Ao rematar o acto repartíronnos as carpetas para poder comezar a levar libros os venres para as nosas casas, un pequeno agasallo que levaremos o luns, os nosos carnés e a guía de usuarios.



Mentres non se inauguraba comezamos a rotar a mochila viaxeira, e Martina foi a primeira. Podedes tela nas vosas casas durante quince días e disfrutar dela.





Saímos no telexornal de Televigo:



Estes son as montaxes do colexio da inauguración:



25 de novembro. Día contra a violencia de xénero

No día internacional contra a violencia de xénero todo o alumnado do colexio deixamos as nosas mans estampadas nun gran lazo. 
Abaixo vos deixamos o vídeo do colexio.





"Mi amiga la oscuridad"

A semana pasada nen@s de primaria contáronnos o conto "Mi amiga la oscuridad". 
Gustouno moito. Moitas grazas !!