domingo, 28 de abril de 2019

Semana do Libro

Esta semana quedámonos marabillad@s con este precioso libro que atopamos na Bibliocrocaio, estaba cheo de pequenas sorpresas!!


Tamén pasámolo moi ben escenificando cos dedos este conto tradicional. Sabedes cal é...?


luns, 22 de abril de 2019

Easter egg

Para despedirnos de Semana Santa recordamos como a nosa mestra de inglés, Marisol, invitounos a atopar uns deliciosos ovos de chocolate. Deixovos o vídeo que fixo a mestra Ángeles.





sábado, 6 de abril de 2019

Pablo Nogueira e "Nube Branca quere ser astronauta"

Este venres Pablo Nogueira visitounos para contarnos a Educación Infantil, primeiro e segundo de Primaria as aventuras do seu primeiro libro "Nube Branca quere ser astronauta". Aquí vos deixamos as montaxes do colexio.








Despedímonos do sistema solar

Aquí tedes un par par de cousas que fixemos no pequeno proxecto do sistema solar. 
Descubrimos un libro máxico que trouxo Adriana, que ao abrilo non se veía nada, pero na escuridade e coa axuda dunha luz de neón, descubrimos unha preciosa lúa.
Tamén fixemos o sistema solar con plastilina, poliespán e témpera.





Cumple de Abel