Como xa sabedes o proxecto da Bibliocrocaio deste ano é "Contamos co bosque". En primeiro lugar agradecer ás familias a vosa colaboración nas postais e adornos navideños, as cestas para a exposición e os ditos e refráns propostos polo EDLG. Podedes ver as aportacións de todas as familias na web do colexio pinchando no enlace da columna lateral. Por outra banda aquí vos deixamos un vídeo dun pequeno bosque que fixemos na aula. Esperamos que vos guste.
A partir de xaneiro podedes traer das vosas casas calquera aportación relacionado cos nosos bosques para facer o proxecto de aula. Poden ser fotos, noticias, libros, contos, materiais diversos...ou o que se vos ocurra relacionado co tema.
Hoxe Ainhoa, Candela e Nati trouxéronnos unha nova historia dun personaxe xa coñecido, "Un agasallo para Naturizo", cunha posta en escea moi bonita. Moitas grazas!!
Esta semana traballamos sobre o día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia. Falamos dos dereitos que temos e fixemos un pequeno libro da Constitución con debuxos sobre eles: dereito a un fogar, educación, saúde... E así é como quedaron!!!
Esta semana tivemos un obradoiro da Concellería de Igualdade de Vigo. Elsa relatounos o conto "Lola e os xoguetes" no que se fala da libre elección que deben ter tanto as nenas como os nenos dos xoguetes, sen clasificalos según o sexo e que podan xogar ao que queran sen ser discriminados.