domingo, 30 de decembro de 2018

Feliz Ano 2019!

Xa queda pouco para fin de ano e queremos desexarvos un Feliz 2019. 
Felicitarvos polo festival de fin de curso e xa sabedes que podedes disfrutar del na web do colexio.
Felices Festas!


mércores, 26 de decembro de 2018

Estreliña de Nadal

Neste vídeo podedes ver como fixemos as estreliñas de Nadal que levaron para as súas casas. 
Animádeos a facer máis en familia!!




"O coelliño branco"

Inés e Natalia representaron o conto "O Coelliño branco". Moitas grazas!


"Gato vermello, gato azul"

Aquí vos deixamos este conto que nos narraron Gerardo, Manuel e Sabela.


sábado, 22 de decembro de 2018

"O xigante secreto do avó"

Aitana, Candela e Samuel levaron esta semana á nosa clase o conto "O xigante secreto do avó".


domingo, 16 de decembro de 2018

Creamos o noso bosque

Como xa sabedes o proxecto da Bibliocrocaio deste ano é "Contamos co bosque".
En primeiro lugar agradecer ás familias a vosa colaboración nas postais e adornos navideños, as cestas para a exposición e os ditos e refráns propostos polo EDLG. Podedes ver as aportacións de todas as familias na web do colexio pinchando no enlace da columna lateral. 
Por outra banda aquí vos deixamos un vídeo dun pequeno bosque que fixemos na aula. Esperamos que vos guste.
A partir de xaneiro podedes traer das vosas casas calquera aportación relacionado cos nosos bosques para facer o proxecto de aula. Poden ser fotos, noticias, libros, contos, materiais diversos...ou o que se vos ocurra relacionado co tema. 

mércores, 12 de decembro de 2018

"Un agasallo para Naturizo"

Hoxe Ainhoa, Candela e Nati trouxéronnos unha nova historia dun personaxe xa coñecido, "Un agasallo para Naturizo", cunha posta en escea moi bonita. Moitas grazas!!


domingo, 9 de decembro de 2018

6 de decembro


Esta semana traballamos sobre o día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia. Falamos dos dereitos que temos e fixemos un pequeno libro da Constitución con debuxos sobre eles: dereito a un fogar, educación, saúde... E así é como quedaron!!!


sábado, 1 de decembro de 2018

Obradoiro de igualdade. "Lola e os xoguetes"

Esta semana tivemos un obradoiro da Concellería de Igualdade de Vigo. Elsa relatounos o conto "Lola e os xoguetes" no que se fala da libre elección que deben ter tanto as nenas como os nenos dos xoguetes, sen clasificalos según o sexo e que podan xogar ao que queran sen ser discriminados.


 

venres, 30 de novembro de 2018

25 de novembro, Dia Internacional contra a Violencia de Xénero


Esta semana falamos sobre que cousas boas podemos facer coas nosas mans e entre todas as que escollimos quedámonos con dúas: apertas e agarimos.