venres, 8 de xaneiro de 2021

Os Reis Magos deixáronnos un regalo

Hoxe comezamos o trimestre cunha sorpresa. Os Reis Magos deixaron un par de regalos na nosa clase.




sábado, 26 de decembro de 2020

Nadal 2020

Bo día familias

Aínda que este ano non tivemos festival de Nadal pola situación sanitaria, queremos agradecervos a vosa total colaboración na elaboración das folerpas.

Quedaron preciosas!

Visitounos Papá Noel que nos trouxo un libro de regalo que imos ler e co que faremos distintas actividades durante o segundo trimestre.

Tamén vos deixamos o vídeo de Nadal do colexio, onde podedes ver as folerpas de todo o alumnado e familias que participaron, así como a visita de Papá Noel.

Moitas grazas familias!!

Moitas grazas Papá Noel!!

















Este é o libro que nos regalou Papá Noel:





FELICES FESTAS!

martes, 8 de decembro de 2020

6 de decembro Constitución e Estatuto de autonomía de Galicia

A semana pasada celebramos o Día da Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia. 

Escoitamos un conto da Constitución e vimos un prezi  con elemetos típicos galegos como instrumentos musicais tradicionais, platos gastronómicos, músicos famosos, himno galego....

Pintamos a bandeira de Galicia e Hugo que vai a baile galego, agasallounos cunha clase de muiñeira e nós observamos e ata nos animamos a bailar.










luns, 7 de decembro de 2020

My big bear

Como supoño que sabedes a mestra de inglés Marisol, vai acompañada ás aulas do auxiliar de conversa do noso cole, Kinkade. 

Primeiro facemos un momento de relax e despois Kinkade nárranos un conto en inglés, esta vez foi:

MY BIG BEAR





Novembro Mes da Ciencia en Galego

Este mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas. Nós fixemos dous experimentos moi divertidos con ovos: o ovo que flota e o ovo que bota.

Xa sei que algún de vós fíxoo logo na casa, lembrade tapar ben o frasco para que o ovo bote.

Pero mellor que vexades o vídeo onde o explicamos todo. E se queredes ver experimentos doutras aulas do colexio ide ao blog da Bibliocrocaio.

Ánimo e a probar!


Outono e magosto

Durante estes meses e aínda que sen asar as castañas, fixemos traballiños de outono e magosto. No patio recollimos follas que caían das árbores e pequenas poliñas coas que xogabamos.





Quedamos encantados con este conto onde coñecimos moitos animaliños escondidos entre as polas.



No patio do colexio atopamos un pequeno castiñeiro 


Pintamos castañas e folliñas e fixemos o noso castiñeiro. 








Queremos deixarvos este pequeno poema que recitamos sobre a castaña.

luns, 30 de novembro de 2020

Happy Thanksgiving Day

O xoves día 26 de novembro celebramos con Marisol, a nosa mestra de inglés, o Happy Thanksgiving Day, e fixemos este pavo (turkey) tan bonito.