domingo, 28 de maio de 2023

Regamos na horta

Un día á semana regamos a horta do colexio. Cada aula rega un día.

Así temos a horta de bonita!!





Froita e leite

Estes días participamos no programa escolar de consumo de froitas e leite.

Degustamos plátano, nectarina, cereixas...





Os vermes de seda

Como lembraredes a finais de abril alumnas de 6º de primaria amosáronnos vermes de seda e que rápido comían as follas de moreira.

Esta semana puidemos ver como se convertiron en bolboretas, despois de tecer o capullo de seda onde estiveron uns días







domingo, 21 de maio de 2023

17 de maio Día das Letras Galegas

O 17 de maio celebrouse o Días das Letra Galegas que este ano adícase a Francisco Fernández del Riego.

Durante esta semana fixéronse distintas actividades que podedes ver no blog de dinamización da lingua, no portal da web do noso colexio.

Nós tamén puxemos o noso graniño de area pintando un pareado que elaboramos na clase. Despois os pareados de todas as clases se expuxeron na entrada do colexio.

Tamén aprendimos moito sobre Francisco Fernández del Riego cun genially moi divertido que creou a mestra Lidia de 4º de primaria, coordinadora do equipo de dinamización da lingua.


Os maios do cole

O luns celebramos os maios no colexio. O alumnado de infantil xuntámonos para poñer o fiuncho na parte baixa do maio e preparamos cadenetas de bambullos. 

Logo os maiores colocaron o fiuncho nas partes altas e fixeron máis cadenetas de fiunchos, de ovos e de laranxas.

Coa profe Patricia cantamos e tocamos os maios que preparamos coas titoras nas clases.

Quedou precioso!!

Abaixo podedes ver un vídeo de como o fixemos.






domingo, 14 de maio de 2023

Arcos de flores para os maios do luns

Como xa sabedes o luns celebramos os maios no colexio e nós quixemos colaborar facendo dous arcos de vimbios con flores para esta festa. Roberto, un veciño do camiño Roteas Abaixo, cerca da Avenida do Aeroporto, deunos uns vimbios cos que fixemos os arcos.

Moitas grazas!

Despois recortamos as flores, as follas, cortamos as tiras de cores e así de bonitos quedaron.

No vídeo podedes ver como fixemos os dous arcos de flores.





Roxana e David, nai e pai de Brais cóntannos "Érase una vez...Los idiomas latinos"

Esta semana tamén contamos coa visita do pai de Brais, David,  e a súa nai, Roxana, que nos viñeron a presentar un conto moi interesante feito por eles para todo o colexio. Tamén contaron coa axuda de Brais.

"Érase una vez... Los idiomas latinos"

Faláronnos, dunha maneira moi cercana e divertida, das linguas procedentes do latín, contáronnos como apareceron, relatáronnos a lenda de Rómulo e Remo... e todo con debuxos e láminas que nos proxectaron na pantalla da Bibliocrocaio.

Ao final Roxana, a nai de Brais, que naceu en Rumanía, traduciu ao francés e ao rumano palabras que o alumnado lle preguntaba.

Unha experiencia moi enriquecedora.

Moitas grazas Brais, David e Roxana!!






Marta, a nai de Teo de 4 anos, cóntanos "El pez Arcoiris"

Teo de 4 anos e a súa nai Marta viñeron a contar ás aulas de infantil:

El pez Arcoiris

Un conto que fala de compartir e, igual que no conto, Teo repartiu escamas do precioso peixe que fixo coa súa nai. E tiña sorpresa, detrás de cada escama había unha chocolatina.

Moitas grazas familia!!


Cumple e despedida de Derek

Esta semana celebramos o cumple de Derek, aínda que é no verán, xa que tivo que marchar a vivir moi lonxe de Vigo. E non queriamos deixalo sen a súa festa.

Ademais lle fixemos un pequeno libriño con fotos de todos e todas nós, cun debuxo e unha frase de cariño, para que non te olvides de nós.

Botarémoste en falla

Que sexas moi feliz!!

Te queremos!!


domingo, 7 de maio de 2023

Facendo maios no Museo Liste

O venres o alumnado de infantil e primeiro de primaria fomos ao Museo Liste.

Levamos das nosas casas fiúncho, pampullos, laranxas, ovos vacíos... e seguindo as instrucións das monitoras fixemos uns maios de papel e goma eva e despois, nunha base que tiñan preparada, un maio con todo o que levamos.

Quedounos precioso!!

Grazas familia pola vosa colaboración!!


Contacontos de Andrea, curmá de Joel

 A prima de Joel, Andrea, viu a contarnos

El ratoncito Pérez

Joel e Andrea contaron ao alumnado de infantil e os cursos baixos de primaria este clásico conto que nos encantou.

Moitas grazas!!




martes, 2 de maio de 2023

Contacontos de Susana, nai de Andrés e Mario. Día do Libro.

Seguindo coas actividades feitas en torno ao Día do Libro, viñeron varias familias do alumnado do noso colexio que quixeron deleitarnos cos seus contos. 

Unha delas foi Susana, a nai de Andrés e de Mario, que nos interpretou o conto:

A princesa do Caurel

Na intepretación ademais de Susana tamén participaron Andrés e Mario. Comentar que os personaxes que trouxeron os elaboraron en familia.

Encantounos, moitas grazas familia!









Día do Libro. Contacontos de primaria teatralizados.

Para celebrar o Día do Libro fixemos varias actividades, unha delas foron os contacontos que, en forma de teatro, preparou o alumnado de primaria e que vimos na nosa Bibliocrocaio.

Todos estupendos e moi divertidos, pasámolo en grande!!





luns, 1 de maio de 2023

Clasificamos alimentos

Dentro do programa Proxecta no que participa o noso colexio, e en relación con Aliméntate ben, a mestra Tania preparou para todo o colexio uns obradoiros para fomentar unha alimentación sa.

Traballamos cunha pirámide de alimentos onde tiñamos que colocalos e tamén fixemos con plastilina alimentos que puxemos nun plato clasificados.

Para rematar recibimos un pequeno agasallo.


Somos artistas como Hervé Tullet

No colexio fíxose unha instalación artística para pintar como Hervé Tullet:

PondArte

Hervé Tullet é un artista, ilustrador e escritor de literatura infantil.

Seguindo a liña dos seus talleres de pintura, a profe Patricia comentounos como crear con libertad seguindo os seus pasos. E cun fondo musical comezamos a crear e así de bonito quedou.

Participou todo o colexio, e se queredes ver a obra final podedes abrir o instagram do colexio, unha verdadera obra de arte.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do paso de infantil pola instalación artística.