domingo, 5 de marzo de 2023

Rosalía de Castro

O día 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. No noso colexio estivemos esta semana facendo distintas actividades para conmemorar este día e tamén en colaboración coas familias.

O alumnado de primaria fixo unha adaptación do poema de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes", combinando os dous primeiros versos de cada estrofa con dos versos creados polo alumnado. O alumnado de infantil coloreou as letras do título que lle puxemos a este poema mitad Rosalía mitad CEIP Eduardo Pondal e que levamos para casa.

Poema orixinal de Rosalía de Castro:

"Adiós ríos, adiós, fontes"

Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,,.




E este é o poema combinado, no que participamos co título.



E outra actividade que fixo o colexio en colaboración coas familias foi recitar uns versos do poema orixinal noutros idiomas. 
Na nosa aula a nai de Brais recitouno en rumano e a nai de Nuno en portugués.
Cando teñamos a montaxe xa o poderedes ver.

Ningún comentario:

Publicar un comentario