domingo, 12 de marzo de 2023

8 de marzo, Día da Muller

O mércores día 8 de marzo celebramos o Día da Muller con todo o colexio.

Participamos coloreando estas flores que formaron parte dun mural precioso feito por todo o alumnado do colexio.





Cada aula, relacionado co proxecto da biblioteca sobre as montañas, preparou unha exposición sobre unha muller. Nós falamos de Purna Malavath, a muller máis xove que subiu ao Everest con só 13 anos de idade.


Podedes ver máis fotos nosas e das exposicións das outras aulas no blog da Bibliocrocaio e no Instagram do colexio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario