domingo, 29 de xaneiro de 2023

Escape Room para o Día da Paz

Esta semana estivemos a ler o libro Wangari e as árboles da paz, muller a quen lle dedicamos este ano o Día da Paz. O libro trata da historia real da vida de Wangari Maathai.

A partir deste conto fixemos todo o colexio por aulas un Escape Room no que tivemos que adiviñar un código para abrir un pequeno cofre.

Aquí vos deixamos un vídeo para que leades o que tivemos que facer e como o coseguimos.

Pasámolo moi ben!


Poemas e contos de 2º e 3º de primaria

Alumnado de 2º e 3º de primaria recitaron na nosa clase uns poemas preciosos e despois leron contos a cada un e unha de nós.

Moitas grazas!


 

Reto 1 sobre o leite

Esta semana comezamos co reparto de leite para todo o colexio, e como actividade  complementaria temos durante uns días uns retos que facer para saber o que sabemos do leite.

A resposta á pregunta do primeiro reto a escribimos nun papeliño e metímola na cesta. 

Seguiremos participando do resto dos retos!















domingo, 22 de xaneiro de 2023

Cumple de Daniela

 O venres celebramos o cumple de Daniela.

Parabéns Daniela!!


Hora de ler con 2º e 3º de primaria

O mércores o alumnado de 2º e 3º de primaria convidounos a súa aula na hora de ler e falárannos de distintos animais do mundo.

Ao rematar a exposición participamos nun xogo no que tiñamos que xuntar unhas tarxetas de animais por familias: pai, nai e cría.

Moitas grazas!!










Fósiles

Dentro do proxecto da Bibliocrocaio sobre as montañas "As cabuxas do Pondal", estes días todo o colexio estivo a traballar sobre os fósiles. 

Aquí vos deixamos un resumo do que fixemos na nosa aula.


"Nube Branca quere ser astronautra"

Alumnos e alumnas de 4º de primaria viñeron á nosa clase a representarnos o conto Nube Branca quere ser astronauta. Viñeron moi ben caracterizados e gustounos moito.

Moitas grazas!








domingo, 15 de xaneiro de 2023

Un agasallo dos Reis Magos!!

Comezamos o segundo trimestre cunha gran sorpresa.

Os Reis Magos deixáronnos un regalo na nosa clase.