luns, 31 de outubro de 2022

Cumple de Nuno

 Este semana celebramos o cumple de Nuno.

Parabéns Nuno!!


Samaín con Rebeca

A mestra especialista en audición e linguaxe, Rebeca, ten con nós una sesión semanal. Esta semana fixemos uns xogos relacionados co Samaín traballando o "r".







domingo, 30 de outubro de 2022

Día das Bibliotecas

O día 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas e á nosa clase veu alumnado de primaria a contarnos o conto Hai un tigre no xardín.

Na Bibliocrocaio había xogos de adiviñas, rimas, cantarolas e pareados. A nosa mestra leía e nós tiñamos que adiviñar, rimar... Unha forma divertida de traballar a lingua.







Xogos da Bibliocrocaio



















domingo, 23 de outubro de 2022

Peixes, mariscos e cunchas

Dentro do Plan Proxecta do colexio, e coa actividade "Ti si que es un bo peixe", o alummado de primaria fixo unha saída á Cangas para ver a lonxa e a plaza.

Como actividade previa fíxose na biblioteca un par de retos nos que os máis pequenos tamén quixemos participar. Así que os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos alá fomos.


Día das Escritoras

O luns día 17 de outubro celebramos no colexio o Día das Escritoras. Na Bibliocrocaio organizaron dúas actividades para conmemorar esta data e nós participamos nelas.


domingo, 9 de outubro de 2022

Inauguramos a biblioteca deste curso co Monte Aloia

Esta semana o colexio inaugurou a biblioteca deste curso. O proxecto da Bibliocrocaio deste ano ten por título:

"Cabuxas do Pondal"

É unha temática que xirará en torno ás montañas. Cada aula do colexio elixiu unha montaña, decorou a súa porta con ela e fixo unha presentación ou montaxe na biblioteca cunha breve información das elexidas, nunha celebración na que estivo todo o alumnado e docentes do centro.

Nós eleximos o Monte Aloia. A continuación deixamos unhas fotos de como o fixemos e o vídeo que gravamos presentando o noso monte para o resto do colexio.

Esperamos que vos guste.

Tedes toda a actividade feita polo colexio no blog da Bibliocrocaio. Podedes acceder a el na columna da dereita ou a través deste enlace.

https://crocaiodesampaio.blogspot.com/2022/10/inauguracion-biblioteca-curso-2022-2023.html







"O poliño da abeleira"

Alumnas de 4º de primaria viñeron á nosa clase a representarnos o conto "O poliño da abeleira". O fixeron moi ben, traballaron moito facendo manualidades de distintos elementos que empregaron durante a narración do mesmo.

Moitas grazas!!