sábado, 25 de xuño de 2022

Moitas grazas Pitufines

Este foi o último curso en educación infantil para todos/as vós. Compartimos tres cursos un tanto difíciles debido á situación sanitaria, pero fostes valentes e demostrastes que vos adaptades con total naturalidade a calquera situación.

Vouvos botar moito de menos, pero sempre lembrarei os vosos sorrisos, as veces que me fixestes rir e rimos xuntos, as veces que me sorprendestes coa vosa imaxinación, as veces que me mirastes con eses olliños que só vós sodes capaces de pór... 

Espero que disfrutedes da nova etapa en primaria e que sigades sendo tan bos e boas como agora.

Nos vos olvidedes de facerme unha visita que estou na planta baixa e lembrade que para o próximo curso tedes que subir unha planta. 

Esta fin de semana puiden ler todas as mensaxes que me mandastes nesta caixiña preciosa. Un regalo feito co corazón.


MOITAS GRAZAS PITUFINES E BO VERÁN!!


Déixovos abaixo un enlace á entrada da Bibliocrocaio co festival de fin de curso de todo o colexio.





FESTIVAL FIN DE CURSO 


Ningún comentario:

Publicar un comentario