Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a Florencio M. Delgado Gurriarán (1903-1987).
Fixemos varias actividades nestes días, como as nosas propias creacións artísticas do seu retrato.
Traballamos unha estrofa do seu poema titulado "A caldeira", que fala do río Farelos na provincia de Ourense.
"Do río Farelos
ahí ven a caldeira
para matar a sede
de todas as terras."
Falamos dos ríos, da auga e aproveitamos para facer un experimento. Escribimos en galego varios elementos e comprobamos se flotaban ou non e os resultados apuntámolos nunha ficha.