Este trimestre aprendimos moitas cousas do Antigo Exipto. Para rematar este pequeno proxecto vestímonos de exipcios, como podedes ver no vídeo, e fixemos con pezas: pirámides (tamén con area), a Esfinxe, un oasis, templos, obeliscos...
domingo, 20 de febreiro de 2022
Un puzle de 200 pezas
Grazas ás familias puidemos divertirnos con puzles que trouxemos das nosas casas ao colexio. Seguindo o proxecto do centro en torno ao Universo, fixemos primeiro un puzle de 50 pezas e logo outro de 200.
Proba conseguida!!
Obradoiro igualdade
Esta semana tivemos o obradoiro de igualdade con Elsa que veu da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
sábado, 19 de febreiro de 2022
Así medrou o noso xacinto
Na nosa clase temos un xacinto que medrou moi rápido, fomos medindo a súa altura e chegou, en pouco máis dunha semana, a 33 centímetros.
sábado, 12 de febreiro de 2022
Good luck Micah
domingo, 6 de febreiro de 2022
Día da Paz
A semana pasada celebramos o Día da Paz con moitas actividades.
Fixemos pombas para decorar o mural da entrada, xunto co resto do colexio, postais coa profe Rebeca (mestra especialista en audición e linguaxe). Bailamos no patio a canción Jerusalema con todo o alumnado do cole e recitamos a parte da historia que inventamos e debuxamos para o libro colectivo Malentendido en A-marte.