domingo, 30 de xaneiro de 2022

Actividades coa profe Marisol e Micah.

Coa mestra de inglés Marisol, tamén participamos na semana da froita, como no reparto de plátanos "banana".




Micah, deleitounos con outro conto en inglés. Esta vez titulado

 That's not normal!




Semanas de froita e leite

Estas últimas semanas participamos, xunto co resto do colexio, no programa Alimenta-T Ben dentro do plan Proxecta, co consumo de froitas e lácteos para o desenvolvemento de hábitos saudables.













mércores, 19 de xaneiro de 2022

Actividades con Micah

Micah, o auxiliar de conversa que acompaña a Marisol, a mestra de inglés, falounos das tradicións inglesas e abrimos un Christmas cracker ou sorpresa navideña.




Na hora de ler Micah contounos unha historia.

Who's coming for tea?


sábado, 15 de xaneiro de 2022

Regalo dos Reis Magos

Este luns, cando comezamos o trimestre, levamos unha sorpresa. Os Reis Magos deixáronnos un regalo.