sábado, 27 de novembro de 2021

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O xoves 25 celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero xunto ao resto do colexio.




Na nosa clase estivemos a falar do moito que temos que querer e repectar aos demais. Lemos o libro titulado Adivina cuánto te quiero, gustounos moito e dende aquí queremos mandarvos estas apertas, para que adiviñedes canto vos queren.








Animádevos a ver as actividades de todo o colexio na web do cole e no blog da Bibliocrocaio, tedes os enlaces na marxe dereita.

venres, 12 de novembro de 2021

Xogando cos números

Aquí vos deixamos algunhas actividades que facemos en clase para traballar os números, practicamos con pequenas sumas e xogamos ao bingo.

Sumamos:




Xogamos ao bingo:




domingo, 7 de novembro de 2021

Unha carta para La Palma

Fai uns días estivemos a preparar un debuxo e unha carta de ánimo que fixemos entre todos/as para os nenos e nenas de La Palma. Metímola nun sobre e a profe levouna a correos. 

Esperamos que lles chegue pronto todo o noso cariño!







Tres en raia

Esta semana aprendimos a xogar ao tres en raia. Traballamos as emocións e recortamos uns sorrisos de dúas cores como fichas.






sábado, 6 de novembro de 2021