martes, 27 de abril de 2021

Obradoiro "Fai clic ao teu bocata"

A semana pasada tivemos o obradoiro "Fai clic ao teu bocata" pertencente ao programa "Aliméntate ben" do Plan Proxecta.

Mar e Roi faláronnos da importancia dunha alimentación saudable e en concreto das conservas do mar. Roi explicounos como se crían os mexillóns, as ameixas, falounos do polbo, do atún e moitos máis e das súas propiedades. Mentres Mar preparábanos uns exquisitos bocatas que despois levamos para a nosa clase.

Como ben dicían "As conservas do mar son a mellor compañía para o teu bocata".



Déronnos un agasallo. Moitas grazas !!



Ningún comentario:

Publicar un comentario