O venres 23 de abril celebramos o Día do Libro. Participamos co resto do colexio como Book Tubers falando dun libro que nos gustara.
Vimos na pantalla da nosa clase o capítulo dos muíños de vento de "Don Quijote de la Mancha" en debuxos animados.
O venres 23 de abril celebramos o Día do Libro. Participamos co resto do colexio como Book Tubers falando dun libro que nos gustara.
Vimos na pantalla da nosa clase o capítulo dos muíños de vento de "Don Quijote de la Mancha" en debuxos animados.
A semana pasada tivemos o obradoiro "Fai clic ao teu bocata" pertencente ao programa "Aliméntate ben" do Plan Proxecta.
Mar e Roi faláronnos da importancia dunha alimentación saudable e en concreto das conservas do mar. Roi explicounos como se crían os mexillóns, as ameixas, falounos do polbo, do atún e moitos máis e das súas propiedades. Mentres Mar preparábanos uns exquisitos bocatas que despois levamos para a nosa clase.
Como ben dicían "As conservas do mar son a mellor compañía para o teu bocata".
Aquí vos deixamos máis contos que estivemos a ver na aula, de forma virtual, preparados polo voluntariado da Bibliocrocaio de 5º e 6º de primaria.
Moitas grazas a tod@s!!
Cinco minutos de paz
por Leyre, Luana, Lucía, Rosalía e Samira
Esta semana estiveron de cumple Xiana e Emma.
Felicidades Xiana!
Ao longo deste curso participamos nun proxecto que está a levar a cabo o profe Cándido, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto co resto do colexio. Cada aula apadriña unha árbore do colexio, nós eleximos o abeto.
Outro día puxémoslle unha tarxeta cun código QR, se escaneades o código co móvil podedes ir ao enlace onde podedes ver a ficha que elaboramos do abeto e aprender algúns datos sobre el.
O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, no patio do colexio lemos coa profe algunhas poesías do libro "Vaya lío de mañana", algunha moi graciosa.