sábado, 26 de decembro de 2020

Nadal 2020

Bo día familias

Aínda que este ano non tivemos festival de Nadal pola situación sanitaria, queremos agradecervos a vosa total colaboración na elaboración das folerpas.

Quedaron preciosas!

Visitounos Papá Noel que nos trouxo un libro de regalo que imos ler e co que faremos distintas actividades durante o segundo trimestre.

Tamén vos deixamos o vídeo de Nadal do colexio, onde podedes ver as folerpas de todo o alumnado e familias que participaron, así como a visita de Papá Noel.

Moitas grazas familias!!

Moitas grazas Papá Noel!!

















Este é o libro que nos regalou Papá Noel:





FELICES FESTAS!

martes, 8 de decembro de 2020

6 de decembro Constitución e Estatuto de autonomía de Galicia

A semana pasada celebramos o Día da Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia. 

Escoitamos un conto da Constitución e vimos un prezi  con elemetos típicos galegos como instrumentos musicais tradicionais, platos gastronómicos, músicos famosos, himno galego....

Pintamos a bandeira de Galicia e Hugo que vai a baile galego, agasallounos cunha clase de muiñeira e nós observamos e ata nos animamos a bailar.










luns, 7 de decembro de 2020

My big bear

Como supoño que sabedes a mestra de inglés Marisol, vai acompañada ás aulas do auxiliar de conversa do noso cole, Kinkade. 

Primeiro facemos un momento de relax e despois Kinkade nárranos un conto en inglés, esta vez foi:

MY BIG BEAR





Novembro Mes da Ciencia en Galego

Este mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas. Nós fixemos dous experimentos moi divertidos con ovos: o ovo que flota e o ovo que bota.

Xa sei que algún de vós fíxoo logo na casa, lembrade tapar ben o frasco para que o ovo bote.

Pero mellor que vexades o vídeo onde o explicamos todo. E se queredes ver experimentos doutras aulas do colexio ide ao blog da Bibliocrocaio.

Ánimo e a probar!


Outono e magosto

Durante estes meses e aínda que sen asar as castañas, fixemos traballiños de outono e magosto. No patio recollimos follas que caían das árbores e pequenas poliñas coas que xogabamos.





Quedamos encantados con este conto onde coñecimos moitos animaliños escondidos entre as polas.



No patio do colexio atopamos un pequeno castiñeiro 


Pintamos castañas e folliñas e fixemos o noso castiñeiro. 








Queremos deixarvos este pequeno poema que recitamos sobre a castaña.