Hoxe xa non vou deixar fotos novas vosas, xa que hai pouquiñas. O que si vos deixo son unhas montaxes en collage que fixen coas manualidades do mar, que me mandáchedes estes meses para o proxecto da Bibliocrocaio "Mergúllate nun mar de contos".
Estamos rematando xa o curso e espero que tod@s esteades ben. Como estamos xa nos últimos días, xa non vou propoñervos actividades diarias. Deixo nas vosas mans a organización para o que falta de curso. Simplemente vos comento o que podedes rematar neste mes.
1. Manualidades. Podedes acabar as que están na bolsa de plástico e empregar as pegatinas da mesma ao voso gusto: a ra póndolle esa lingua longa (a metedes pola boca e suxetádea na frente por detrás), a portada dos traballos do trimestre podedes decorala ao voso gusto, outras manualidades que se vos ocorran ou vos guste.
2. Libro Pienso, calculo, razono. Quedan soamente tres carillas, repartídeas como mellor vos conveña.
3. Libro 6. Repartídeo ao longo destas dúas semanas, se é moito podedes rematalo no verán. Lembrade que as pegatinas que haia que usar están debuxadas pola parte de atrás e as colledes da última páxina do libro.
4. Inglés. Podedes, se queredes, facer as páxinas que vos resulten fáciles.
5. Música. Recordade que se queredes practicar algunha canción do profe Cándido, podedes entrar no blog de música da columna da dereita.
6. Psicomotricidade. Podedes repetir calquera das que puxen estes meses. Pero a mellor de todas é saír, correr, saltar, andar en bici, xogar, axudar a mamá e papá, soñar e divertirse...
Seguiré en contacto estes día con vós a través deste blog, do gmail ou Tokapp. Calquera consulta que me querades facer non dudedes en escribirme ao gmail, tamén podedes mandarme fotos de cousas que facedes aínda que non sexa dos libros.
Hoxe quero deixarvos esta curtametraxe tan bonita, para despedir o proxecto do mar.
2. Manualidade: vos propoño facer esta bonita manualidade para regalar á vosa familia que tanto vos quere. Desprender as siluetas das flores pequenas, colorealas ou decoralas. Dobrar os pétalos hacia arriba e pegalas sobre as outras flores da tarxeta polo centro, como na segunda foto.
3. Do libro 6 facede estas páxinas. Tedes as pegatinas da segunda ao final do libro, son as F5.
4. Inglés: Farm animals
Páxina
24. Draw a path to the maze. Tick the animals (Debuxa o camiño e
pon un tick nos animais que atopes).
Hoxe é o Día Mundial dos Océanos e quero deixarvos este cortometraje, para que cando sexades maiores podades dicir que coidáchedes dos océanos e mares igual que eles coidan de vós. Non vos olvidedes nunca de reciclar os plásticos e non deixar lixo nas praias.
E para conmemorar este día aquí vos deixo estes bonitos cadros sobre o mar que Emma e Erik fixeron para a proposta da Bibliocrocaio.
Actividades para hoxe:
1. Conto: El pez Arcoiris.
2. Manualidade: como o venres pasado foi o Día do Medio Ambiente facede este arboriño da bolsa. Se tedes un anaco vello de esponxa, estampade con témpera verde a copa da árbore. Cando seque pegade os adhesivos das flores amarelas, que tamén están na bolsa.
3. Do libro 6 facede esta páxina, leede antes a anterior. Empregade os adhesivos F3 da última páxina do libro. Explicación por detrás.
Do libro Pienso, calculo, razono esta outra.
4. Psicomotricidade: patíns de cartón. Colledes dous anacos rectangulares de cartón un pouquiño
máis grandes que os vosos pés e imos a empregalos de patíns.
Colocádevos enriba e patinade arrastrándoos cos pés cara adiante,
atrás e lateral. Despois facedes un circuito de zig-zag e
desplazádevos cos patíns por el. A divertirse!
Hoxe é o día do Medio Ambiente, e para celebralo volvo animarvos a facer un cadro sobre o mar como nos propón Crocaio. Quero deixarvos este bonito vídeo para que entre tod@s coidemos o planeta reciclando, aforrando auga, apagando luces innecesarias, non tirando nada aos nosos mares, que están tristemente cheos de plásticos. Entre todos podemos mellorar o noso planeta, que é a casa de tod@s.
Hoxe comezamos un novo proxecto e con el un novo libro, chámase Las ranas, corresponde ao libro 6.
1. Conto: La rana Tidali. Aquí tedes o conto do libro 6 que comezamos hoxe e un documental sobre as ras.
2. Manualidade: a actividade que vos propoño hoxe e facer o cadro sobre o mar da Bibliocrocaio.
3. Do libro 6 facede esta páxina. Leede por detrás o que hai que facer e empregade as pegatinas F2 da última folla do libro.
Do libro Pienso, calculo, razono facede esta. Explicación abaixo e pegatinas na folla solta.
4. Psicomotricidade. Actividades con pelota: lanzar, rodar, facer rebotar, saltar por
encima, facela xirar...
Como vos dixen onte, xa está colgado no blog de Bibliocrocaio a actividade para estes días. Animádeos a participar co voso cadro de natureza mariña para o proxecto do mar. No blog tedes cadros de pintores galegos, podedes facer a vosa propia versión con axuda dos maiores. Despois sacade unha foto e a subimos ao blog da biblio.
Agora deixo as actividades para hoxe.
1. Conto: "Las llaves de los sueños"
2. Manualidade: decorade estas figuras xeométricas da bolsa libremente, se queredes podedes empregar estas pegatinas da bolsa. Desprendede as siluetas e xogar con elas a construír unha casa, unha persoa ou o que se vos ocurra.
3. Do libro 5 facede a última páxina.
Do libro Pienso, calculo, razono esta. Buscade o coche diferente en cada fila.
4. Inglés: Farm animals.
Despois de ver o vídeo
ide á páxina 23 do libro e poñer as pegatinas dos animais da granxa (chicken, cow, horse, sheep). Reverso da páxina 23
completar a cara da vaca. Complete the cow´s face.
O 5 de xuño celébrase o Día do Medio Ambiente e o 8 o Día Mundial dos Océanos, polo que vos propoñeremos unha actividade dende a Bibliocrocaio. Xa vos comentarei.
Para hoxe temos estas actividades:
1. Conto: Una gallina en la azotea.
2. Manualidade: facer boliñas con plastilina ou paleliños amarelos e polas nos círculos. Facer os pétalos ao redor das boliñas con témpera coa punta do dedo.
3. Do libro 5 facede estas páxinas de grafomotricidade.
Do libro Pienso, calculo, razono facede esta. Explicación abaixo.
4. Psicomotricidade: facede nun cartón ou cartolina grande varios buracos de distintos tamaños e cunha bola feita con papel de periódico intentade metela por un deles.
Comezamos o último mes de cole, creo que cando vos vexa non vos vou recoñecer do maiores que ides estar. Como estamos nun novo mes déixovos os nomes da clase e recordade que xa tedes que atopar sen axuda o voso nome. Tamén vos deixo o calendario de xuño para que contedes os días.
Hoxe vos deixo algunha actividade para o proxecto do cole "Mergúllate nun mar de contos" con este vídeo sobre algúns peixes mariños.
1. Conto: Aprender animales marinos.
2. Manualidade: faro de mar para axudar aos barcos. Despois de investigar un pouco xuntos para que sirve un faro, podedes facer un cun rolo de papel de cociña e tapóns, que vos escriban a palabra FARO e a repasades co lapis.
3. Do libro 5 facedes estas dúas páxinas de grafomotricidade, repasade co lapis polos puntiños.
Do libro Pienso, calculo, razono facedes esta, na parte de debaixo tedes a explicación.
4. Psicomotricidade: procura facer o que din estes mouchos sen que cho teñan que repetir.