venres, 17 de abril de 2020

Actividades venres 17 de abril

Bo día Pitufines.
Déixovos as últimas actividades desta semana. 
Mañá ou pasado subirei as fotos que mandastes esta semana. Recordade tamén de enviar as fotos dos traballos que propuxo Crocaio, se é que os fixéchedes.
1. Conto: "Chivos chivóns", despois de velo facer un debuxo.



2. Manualidade: ao debuxo que fixestes antes ou a outro que vos guste facédelle un marco con pasta. Se o pegades nunha cartolina podedes usalo de cadro.

3. Lóxico-matemática: se tedes pezas de construción facede columnas de 1, 2 e 3 pezas, se sabedes algún número máis podedes seguir.


4. Xogo: tedes que imitar a un animal con xestos e ruídos sen falar e outra persoa que adiviñe que eres, despois intercambiades os papeis.

Bicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario