mércores, 29 de abril de 2020

Actividades mércores 29 de abril

Bo día a tod@s.
Estas son as actividades deste mércores, lembrade que o profe Cándido deixa as súas no blog de música, tedes á dereita o enlace.
1. Conto: "Orellas de bolboreta". Ao rematar de escoitalo, facer un debuxo dun amigo ou amiga vosa.



2. Manualidade: cunha botella, un tapón ou peza pequena e unha corda fina ou la,  facede este xoguete. Despois en psicomotricidade vos digo como xogar.


3. Lecto-escritura: que vos escriban en maiúsculas as letras do voso nome en cadradiños, remexelas e ordenalas para formar o voso nome.


4. Psicomotricidade: coa manualidade que fixestes, suxeitar pola parte estreita a botella e lanzar hacia arriba o tapón que está atado e intentar metelo dentro.


Ata mañá familia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario