mércores, 22 de abril de 2020

Actividades mércores 22 de abril

Bo día Pitufines.
Hoxe día 22 de abril celébrase o Día da Terra, para concienciar que todos debemos convivir nun único planeta, a Terra. Por iso a importancia de coidala e protexela ante os perigos como o cambio climático ou o calentamento global. Non vos olvidedes de reciclar e reutilizar.




Algunhas actividades para hoxe están relacionadas con este día.
1. Conto: "Capitán Verdemán", hoxe ao rematar falade de onde reciclamos os residuos, os plásticos no contenedor amarelo, papel no azul...



2. Manualidade: usade a imaxinación e crear algún xoguete ou obxecto con materiais reciclados. Aquí vos deixo un exemplo.


3. Grafomotricidade: practicamos trazos verticais e horizontais. Repasádeos cun lapis. 

4. Psicomotricidade: facer o que vos din os animaliños.


Ata mañá familia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario