mércores, 1 de abril de 2020

Actividades mércores 1 de abril

Bo día Pitufines.
Comezamos novo mes. Recordade que sodes @ responsable todos os días e que tedes que pasar lista e ler o calendario do mes ata o día no que estedes.
Como comezamos abril, déixovos o novo mes e tamén a lista d@s compis, para que a teñades máis a man, que xa quedou moi abaixo.
Non vos olvidedes de falar do tempo atmosférico.


Estas son as actividades para hoxe.

1. Conto: "¿Monstruitos en el cole? Despois de miralo facede un debuxo.



2. Manualidade: pedide axuda para que vos fagan un 2 grande e despois facede boliñas con papeis vellos e pegalos dentro do número.


3. Lóxico-matemática: nun folio que vos copien esta ficha e pintade vós tantos cadrados como indica o número.


4. Psicomotricidade: intentade camiñar suxeitando un balón pequeno entre as pernas sen que caia. Tamén podedes facer un caminiño con curvas no chan, cunha corda ou cinta, e amodiño levar o balón sobre ela.

5. Inglés:"The magic forest" 3



Ata mañá familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario