luns, 20 de abril de 2020

Actividades luns 20 de abril

Bo día familia.
Onte deixeivos as últimas fotos que mandáchedes.
Esta semana celebramos o Día do Libro e como outros anos a Bibliocrocaio publica o boletín de lecturas recomendadas para estes días. Debido ao confinamento, esta vez será interactivo e pinchando no libro que queirades xa o podedes ler. Tedes máis información e actividades no blog da Bibliocrocaio. De todas formas déixovos aquí tamén o boletín.



1. Conto: esta semana podedes ler os libros propostos no boletín da Bibliocrocaio.
2. Manualidade: practicamos coas tesoiras. Cun rollo de papel de cociña facede pelos como na foto e despois convertiros en perruqueir@s, cortándolle o pelo do longo que queirades.



3. Grafomotricidade: hoxe vos propoño practicar este grafismo:liñas horizontais. Que volo copien nun folio e o repasades cun lapis.



4. Psicomotricidade: facer o que vos di cada animaliño.


Ata mañá Pitufines.

Ningún comentario:

Publicar un comentario