Bo día familias.
Como sabedes os libros que temos este ano, "Palomitas de maiz" da editorial Alagaida (Anaya), traballa por pequenos proxectos, dous proxectos por trimestre. Agora estabamos co proxecto da auga. A editorial mandounos algún material que podemos empregar.
Para que non vos olvidedes das nosas mascotas, Popi e Pepín, vouvos pór esta semana os contos que vimos deles na clase, un cada día, e así llos presentades á vosa familia.
1. Conto: "Pepín y Popi", despois de mirar o conto debuxade a Pepín, facedes un gran círculo e pintades unha metade vermella e outra verde, se queredes podedes facerlle pernas e brazos.

2. Manualidade e lectoescritura: buscade un trozo de cartón dunha caixa de cereais ou similar e recortade un círculo, escribide unha A no centro e arredor pegade debuxos (de revistas ou periódicos que non vos sirvan) que comecen por esa letra. Tamén serven debuxiños que fagades.
3. Lóxico-matemática: hoxe imos traballar outra vez coas formas círculo e cadrado. Tedes que buscar entre as vosas cousas 5 obxectos que teñan forma de círculo e 5 de cadrado. Déixovos unhas pistas.
Necesitamos unha culler e unha pataca ou pelota pequeniña. Tedes que agarrar a culler coas mans, pór a pataca e intentar manter o equilibrio, se sodes capaces andar uns pasos.
5. Inglés:"The magic forest" 2
Ata mañá.
Bicos.