sábado, 26 de decembro de 2020

Nadal 2020

Bo día familias

Aínda que este ano non tivemos festival de Nadal pola situación sanitaria, queremos agradecervos a vosa total colaboración na elaboración das folerpas.

Quedaron preciosas!

Visitounos Papá Noel que nos trouxo un libro de regalo que imos ler e co que faremos distintas actividades durante o segundo trimestre.

Tamén vos deixamos o vídeo de Nadal do colexio, onde podedes ver as folerpas de todo o alumnado e familias que participaron, así como a visita de Papá Noel.

Moitas grazas familias!!

Moitas grazas Papá Noel!!

















Este é o libro que nos regalou Papá Noel:





FELICES FESTAS!

martes, 8 de decembro de 2020

6 de decembro Constitución e Estatuto de autonomía de Galicia

A semana pasada celebramos o Día da Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia. 

Escoitamos un conto da Constitución e vimos un prezi  con elemetos típicos galegos como instrumentos musicais tradicionais, platos gastronómicos, músicos famosos, himno galego....

Pintamos a bandeira de Galicia e Hugo que vai a baile galego, agasallounos cunha clase de muiñeira e nós observamos e ata nos animamos a bailar.










luns, 7 de decembro de 2020

My big bear

Como supoño que sabedes a mestra de inglés Marisol, vai acompañada ás aulas do auxiliar de conversa do noso cole, Kinkade. 

Primeiro facemos un momento de relax e despois Kinkade nárranos un conto en inglés, esta vez foi:

MY BIG BEAR





Novembro Mes da Ciencia en Galego

Este mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas. Nós fixemos dous experimentos moi divertidos con ovos: o ovo que flota e o ovo que bota.

Xa sei que algún de vós fíxoo logo na casa, lembrade tapar ben o frasco para que o ovo bote.

Pero mellor que vexades o vídeo onde o explicamos todo. E se queredes ver experimentos doutras aulas do colexio ide ao blog da Bibliocrocaio.

Ánimo e a probar!


Outono e magosto

Durante estes meses e aínda que sen asar as castañas, fixemos traballiños de outono e magosto. No patio recollimos follas que caían das árbores e pequenas poliñas coas que xogabamos.





Quedamos encantados con este conto onde coñecimos moitos animaliños escondidos entre as polas.



No patio do colexio atopamos un pequeno castiñeiro 


Pintamos castañas e folliñas e fixemos o noso castiñeiro. 








Queremos deixarvos este pequeno poema que recitamos sobre a castaña.

luns, 30 de novembro de 2020

Happy Thanksgiving Day

O xoves día 26 de novembro celebramos con Marisol, a nosa mestra de inglés, o Happy Thanksgiving Day, e fixemos este pavo (turkey) tan bonito.








25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O mércores día 25, lembramos o Día contra a Violencia de Xénero. Pintámonos, xunto co resto do colexio, as mans violetas, para amosarlle a xente que con elas non se pode facer actos malos e que NON imos permitilo.

Tamén vimos un conto que se titula ¿Qué sientes?, un bonito libro sobre as emocións e os bos sentimentos. 

Deixámosvos o vídeo, que tamén podedes ver no blog da Bibliocrocaio, e algunhas fotos da nosa clase.






Mandámosvos este bico para lembrar que con bicos, apertas e agarimos é como facemos felices a quen queremos.







domingo, 22 de novembro de 2020

20 de novembro, Día dos dereitos dos Nenos e Nenas

O venres día 20 de novembro, celebramos o Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.

O alumnado de infantil fixemos uns banderíns con debuxos dos dereitos, despois de falar deles, e tamén dos seus deberes cos demais.

Falamos dos nenos e nenas do mundo e do repeto hacia todos e todas.







sábado, 7 de novembro de 2020

martes, 3 de novembro de 2020

Samaín 2020

O venres celebramos o Samaín, lemos o conto Un fantasma con asma e despois dunha merenda de medo fixemos unha pequena festa na aula.

Aquí vos deixamos o vídeo.

Podedes ver tamén as actividades de todo o colexio no blog da Bibliocrocaio.

Grazas familias pola vosa colaboración.



sábado, 17 de outubro de 2020

Felicidades Gael, Hugo e Laura

Esta semana celebramos tres cumples: Gael, Hugo e Laura. Aínda que non podemos compartir tarta, si que sopramos coa nosa imaxinación as velas desta tarta de papel. 

E despois a bailar e cantar!


Así comezamos este novo curso

 Bo día familias

Xa comezamos este curso un tanto especial pero co ánimo de sempre. 

Tivemos que organizar a nosa aula de maneira que cada un/unha teña o seu espazo para colocar o seu material, mochila e prendas. Temos cada un de nós unha cesta con xogos dos distintos recantos e na cociniña e noutros xogos comúns facemos turnos e desinfección despois de cada uso. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Tamén queremos presentarnos e deixamos unha montaxe de tod@s nós.