venres, 27 de decembro de 2019

As festas do Nadal

Así rematamos o trimestre, con festa de Nadal ao grande. O concerto de Nadal co profe Cándido na AAVV de Sampaio, a visita de Papá Noel e a merendola.
Grazas ás familias pola vosa colaboración e Felices Festas.


martes, 17 de decembro de 2019

Barquiños de Nadal

Como o proxecto da Bibliocrocaio deste curso trata sobre o mar "Mergúllate nun mar de contos", pediuse ás familias a colaboración para facer un barquiño navideño. Estes son os resultados, todos preciosos.
Moitas grazas familia!!
Abaixo vos deixamos o vídeo do cole con todos os que trouxeron.










sábado, 14 de decembro de 2019

sábado, 7 de decembro de 2019

De viaxe por Xapón

Aquí vos deixamos unhas simpáticas fotos na nosa ruta por Xapón, pequeno proxecto co que estamos a traballar.
Sayoonara familia!!


6 de decembro, día da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia

Para conmemorar este día decoramos o libro da Constitución.






Teatro de sombras

O profe de música Cándido, xunto con nen@s de primaria, representounos na biblioteca un teatro de sombras precioso. 





Visítanos o contacontos Iago López

Esta semana estivo connosco Iago López e tróuxonos "Contos para levar ao peto".



domingo, 1 de decembro de 2019

Inauguración da nova Bibliocrocaio

Como xa sabedes a biblioteca do noso colexio, Bibliocrocaio, estaba en reformas. Por fin este venres fixemos a inauguración da mesma, coa presenza do noso alcalde Abel Caballero e o concelleiro de cultura Abel Losada. 
Ao rematar o acto repartíronnos as carpetas para poder comezar a levar libros os venres para as nosas casas, un pequeno agasallo que levaremos o luns, os nosos carnés e a guía de usuarios.



Mentres non se inauguraba comezamos a rotar a mochila viaxeira, e Martina foi a primeira. Podedes tela nas vosas casas durante quince días e disfrutar dela.





Saímos no telexornal de Televigo:



Estes son as montaxes do colexio da inauguración:



25 de novembro. Día contra a violencia de xénero

No día internacional contra a violencia de xénero todo o alumnado do colexio deixamos as nosas mans estampadas nun gran lazo. 
Abaixo vos deixamos o vídeo do colexio.





"Mi amiga la oscuridad"

A semana pasada nen@s de primaria contáronnos o conto "Mi amiga la oscuridad". 
Gustouno moito. Moitas grazas !!


domingo, 17 de novembro de 2019

15 de novembro, Magosto

Este venres celebramos a festa do Magosto no colexio. Grazas á ANPA, ás pandeireteiras "Faragullas" e ás familias, pasámolo en grande. O noso profe de música, Cándido, xunto co alumnado de primaria deleitáronnos cunhas preciosas cantigas.
Abaixo tedes os vídeos do colexio da festa.



venres, 1 de novembro de 2019

Samaín 2019

Esta semana celebramos o Samaín xunto co resto do alumnado do colexio.
Agradecer ás familias pola súa colaboración. 
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da nosa aula de 3 anos e a continuación outro de todo o colexio.



luns, 28 de outubro de 2019

24 de outubro, día das Bibliotecas Escolares


A biblioteca do noso colexio, Bibliocrocaio, estase a reformar. Pronto poderemos disfrutar dela. Para lembrar o día das bibliotecas escolares, fixemos a botadura de dous barcos que forman parte do mural do corredor relacionado co proxecto deste ano: 

"Mergúllate nun mar de contos"





mércores, 9 de outubro de 2019

Os nosos primeiros días de cole.

Este curso damos á venvida ás novas nenas e nenos de tres anos e ás súas familias. 
Aquí vos deixamos algunhas das actividades que fixemos na nosa aula. Xa vos iremos contando ao longo do curso outras cousiñas que imos facer.
BENVID@S A TOD@S!!

sábado, 22 de xuño de 2019

Festival fin de curso

Esta semana o colexio celebrou o fin de curso cun festival precioso, e nós como xa rematamos infantil recibimos unha orliña de recordo.
"Que vos vaia moi ben na primaria e nunca vos olvidedes de soñar..." (A vosa mestra Geni)




Cumple de Adriana e Xián

domingo, 9 de xuño de 2019

Diplomas "Camiña con nós pola igualdade"

Fai uns días recibimos os diplomas pola nosa participación ao longo do curso no obradoiro "Camiña con nós pola Igualdade" que oferta a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.


Recolleita de chícharos


5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

Esta semana celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.

Imagen relacionada

Así de bonito queremos o noso planeta. Axúdanos a coidalo.



Colaboramos con todo o colexio plantando árbores no patio.